Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»
En febreiro de 1999 creouse o cineclube Bueu grazas ao impulso dun grupo de obxectores de conciencia, que por aquel tempo realizaban a prestación social no concello.
Proxeccións de filmes (en 16mm) ao ar libre e dunha temática afastada do cinema comercial conformaban as primeiras exhibicións quincenais (semanais a partires de 2004), como a do director sueco Lukas Moodysson «Fucking Åmål» (Fucking Amal).
Durante máis dunha década, case sen interrupcións, a programación orbitou na historia (e a mitoloxía) do cinema, escollendo propostas cuxa indubidable calidade era proporcional á súa escasa transcendencia mediática, procurando gravitar lonxe do discurso oficial do cinema norteamericano.
A partires de outubro de 2015 iníciase unha nova etapa, coa programación de filmes onde a actualidade marca a pauta, un cinema máis novo, incorporando as últimas propostas do cinema independente, sempre afastado ás canles de masiva distribución; con todo as duras condicións mercantilistas ás que se ve sometidas, iniciativas sen ánimo de lucro como é esta, obrigan a dispersar as proxeccións, restrinxíndoas a unha soa ao mes; aínda así, o apoio do público, coa cobiza de enchouparse cultura cinematográfica semella ir en ascenso.
Últimas noticias do cineclube
Bueu
cineclubueu.wordpress.com
ir.gl/bue
O enderezo do correo electrónico amósase de dereita cara á esquerda, unha técnica para evitar que os robots rastrexen e recolleiten o enderezo do correo, deste xeito intentamos protexernos do SPAM. Preme neste ligazón para ver o enderezo correctamente moc.liamg@ueubulcenic
+(34) 669 830 773
- Centro Social do Marrúa Montero Ríos 18
36930 Bueu Pontevedra
4 € sesión — 2 € xeral.
* Primeiro ou segundo venres do mes. En verán, sesións o sábado e domingo ás 22 h.
Cota anual xeral de socio/a: 15 € (+ 6 € por cada membro familiar)
(Horario CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na túa axenda…
VCard · QR [.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»