Os Cineclubes en Galicia

Máis de cincoenta anos de historia, de historia mal coñecida, pero de historia indispensable para coñecer o desenvolvemento da cultura cinematográfica no noso país. Pois foron os cineclubes os principais promotores da mesma, máis ainda nos tempos en que a exhibición comercial estaba (e ségueo a estar) chea de vulgaridade, e a censura política facía imposible a visión de moitos filmes polos canles comerciais.

No ámbito dos cineclubes, o cinema convértese en elemento de debate, estudo crítico, e nel vanse forxar os espectadores receptivos e críticos co feito cinematográfico.
Ainda a pesares dos atrancos de todo tipo (económicos, de infraestruturas materiais, administrativas… etc.), lograron que o noso panorama cultural actual non sexa un territorio desértico.

 

Liña temporal dos cineclubes en Galicia
1954  O 13 de xuño de 1954 comezaron as actividades do cineclube Pontevedra.
   
1961  O 5 de novembro de 1961 constítuese o cineclube do SEU de Santiago (ainda que mudou varias veces de nome) da man de Ezequiel Méndez Vidal; a súa primeira proxección foi a fita de Alberto Lattuada «» (O alcalde, o escribano e o seu abrigo). Chegou a contar cun millar de socios/as sendo o máis importante daquela no estado español. Desapareceu en 1975.
   
1966  Constítuese o 18 de febreiro de 1966 o cineclube Valle-Inclán.
   
1969 Nace o cineclube Carballiño co obxectivo inicial de promover a cultura cinematográfica na bisbarra do Arenteiro.
   
1970 A principios do curso 1970-71 naceu, como actividade cultural dentro da Escola de Maxisterio de Ourense, o cineclube «Padre Feijoo», herdeiro da tradición cineclubista da cidade que durante os sesenta foi representada polos cineclubes Ourense, Miño e Alianza Francesa (AFO).
   
1976 Fundase o cineclube Ádega. Da súa importancia fala o feito de ter sido en Vilagarcía onde se fundou a Federación de Cineclubes de Galicia no ano 1984.
   
1977 Comezan as actividades cinematográficas do cineclube Cangas.
   
1979 En Vigo, nace a , que nos seus primeiros anos de actividade foron capaces de organizar —ainda que de efémera vida— un cineclube e proxectar filmes en versión orixinal. As proxeccións matutinas dos sábados deron lugar a´s primeiras «Xornadas de Cine Galego en Vigo» en 1980, paradóxicamente no ano do referendo do «Estatuto de Autonomía» e na que se produce o derradeiro filme de cine galego da década. Ca publicación en maio dese ano da «Escolma do Cine Galego», unha revisión crítica sobre o noso cine, pecharon definitivamente unha etapa.
   
1980 O cineclube «Groucho Marx» principia a súa andaina a principios deste ano.
   
1982 Crease en Compostela o cineclube Carlos Varela Veiga, na memoria do (e presidente do cineclube Valle-Inclán); (fundador do cineclube de Compostela) recolleu parte das súas gravacións e dirixiu CCCV (2005). A entidade se mantería en activo até o ano 1987.
   
1989 No ano 1989, e como reacción á carencia de cine na vila de Boiro, naceu o cineclube Barbanza. A súa programación artellouse en torno a filmes en versión orixinal e títulos con certa sona pero escollidos con criterios de calidade. Proxectaban un filme cada quince días.
   
1992 Nace o cineclube O Castelo. As primeiras proxeccións fixéronse en formato 16mm na Casa da Cultura, cedida polo Concello de Allariz. A partires de outubro de 1992 comezou a facelo en formato 35mm cunha periocidade quincenal, os venres, e cun paréntese de descanso durante os meses de xuño a outubro.
   
1993 Crease o cineclube «Lumière» por un grupo de persoas de diferentes profesións co fin de incorporar á cidade outra canle cultural, inexistente até ese momento, e outro xeito de ver o cinema. O nacemento do «Lumière» supuxo recuperar para a cidade olívica unha actividade que non tiña continuidade dende o ano 1982, data na que desaparecera o último dos cineclubes vigueses dos anos setenta.
   
1994 En Redondela principia a súa andaina o cinceclube Claqueta, para contrarrestar a carencia dunha sala de cinema na bisbarra. Nos primeiros anos, as proxeccións realizábanse en formato 16mm, máis a limitada oferta de filmes neste formato e o mal estado de moitas das fitas foron determinantes para que a partires do ano 1996 as proxeccións do cineclube pasasen a se realizar en 35mm. A posibilidade de utilizar o proxector da «Feciga» foi determinante na mudanza de formato.
Desde a súa creación, o cineclube contou co apoio do Concello de Redondela, que cedía a sala de proxeccións (Multiusos da Xunqueira) e subvencionaba parte da súa programación. O ano 2000 supuxo un pulo na actividade do cineclube, cunha programación estable, de media, un par de filmes ao mes.
   
1995 En Burela xurdiu o cinceclube Os Matos que acada espertar a afección de moitos mariñáns polo mundo do celuloide. A iniciativa vai esmorecendo co peche da sala Mon (2002). Despedíronse en xuño 2004, na «Casa da Cultura de Burela», cunha proxección de curtametraxes galegas.
   
1996 En Sarria, xurdiu a idea de crear o cineclube «La Unión» no seo da sociedade do mesmo nome, como motor da actividade cultural e recreativa sarriana. Malia que só funcionou 2 anos, está en proxecto dende o 2011 de recuperala a súa actividade. Programaban unha vez ao mes no cine Cissa e exhibicións mensuais no salón da sociedade, ademáis de organizar exposicións de fotos e diversos ciclos. Durante estes dous anos de funcionamento incluso acadou a participación de , quen naquel momento rodaba en Sarria o filme «» (Aos que Aman), nunha tertulia que seguiu á proxección de «» (Cousas que nunca che dixen).
  O cineclube Os Papeiros organiza —entre outras actividades—, a «I Semana de Cinema de Chantada» (cine ao ar libre en 35mm).
   
1997 No mes de maio, en Moaña, creouse o cineclube Alexandre Cribeiro grazas ás inquedanzas dun grupo de mozos e mozas da localidade preocupados pola situación de decadencia do cine na bisbarra do Morrazo. Naquel ano pechaba a única sala de cine de Cangas, e penúltima da bisbarra, seguindo o desastre cinematográfico que levou a deixar a vilas tan importantes como Marín e Bueu sen proxeccións.
En Moaña houbo que soportar a destrución do cine Prado e o peche temporal do cine Veiga.
Tendo xa o grupo humano organizado, e contando coa colaboración do propio Cine Veiga, fíxose a presentación e a primeira proxección, que contou coa participación do escritor .
A proxección —coa entrada de balde— foi do filme «» (Cinema Paradiso), de .
Iniciou as proxeccións en 35mm, mais a mediados de 1998 viuse na obriga de mudar ao formato 16mm, por mor da morte do propietario do «Cine Veiga» e ao fin da actividade da sala. Para poder seguir cunha actividade regular, solicitaron ao Concello o uso do «Centro Cultural Daniel Castelao», e mercaron un proxector de 16mm, o que lles permitiu poder continuar coas proxeccións, aínda que con menor calidade.
En xullo de 2000 organizaron a «I Semana de Cine» baixo o título de «Clásicos do Cine Mudo»; ademáis doutras actividades, como unha conferencia a cargo do profesor Xosé Nogueira, sobre «A historia do feito cinematográfico en Galicia».
  Neste ano, reúnense en Monforte de Lemos un grupo heteroxéneo de persoas na Casa da Cultura, a convocatoria é para constituir o cineclube A Calexa.
   
1998 O cineclube Poleiro foi creado en setembro de 1998. Comezou coa finalidade de servir como xerme da promoción cultural dentro da bisbarra do Baixo Miño, e propoñer nela puntos de encontro cultural, nuns momentos en que só o Cine Avenida da Guarda tiña unha programación estable durante as fins de semana.
   
2001 O 15 de abril do 2011 fica constituído o cineclube de Compostela, grazas ao empeño dun grupo de mozos/as universitarios/as, estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación.
  A inquedanza dun grupo de afeccionados ao cinema bota a andar o proxecto do clube de cine Cinematógrafo de Salceda de Caselas. Tiña como fins a promoción e a difusión da cultura cinematográfica, o que era importante nunha vila sen sala comercial; o achegamento do cine á sociedade dun xeito crítico e educativo, editando un pequeno folleto informativo referente á proxección que se realizaba; e o potenciamento do interese polo estudo e o goce do cine, aproximándoo ás xeracións máis novas. A sala de proxección, o proxector, o equipo de son e a pantalla eran achegados polo Concello de Salceda de Caselas e o Colexio Público Altamira. Por problemas de equipamento, no ano 2005 tiveron que deixar a súa actividade.
   
2002 Co obxectivo primeiro de ofrecer á comunidade universitaria de Vigo en primeiro termo, e por extensión ao resto da sociedade, O cineclube Universitario Kinema principiou a súa andaina como asociación dedicada á promoción da cultura cinematográfica; unha canle de achegamento á cultura cinematográfica nas súas distintas facetas e xeitos de expresión.
No ano 2003, as actividades iniciadas no ano anterior acadaron maior difusión na sociedade, cun crecemento nas cifras de asistencia ás proxeccións e as mostras de interese e apoio recibido. O cineclube contaba co apoio do Concello de Vigo e da Universidade de Vigo por medio da Vicerreitoría de Extensión Universitaria.
   
2004 En Redondela, nace o cineclube Fantasio. Contou coa colaboración das concellerías de Cultura e Participación Cidadá do Concello de Redondela. Realizaba as súas proxeccións no cine Redondela, e programaba un filme cada quince días, sempre en versión orixinal. Tamén facían proxeccións de cine infantil no nadal.
No ano 2007 suspendeu temporalmente as súas actividades.
   

 

Navegación
 

Apoios

 

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0. • Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»