Catálogo de Filmes · «Feciga»
Imaxe ou vídeo, ficha artística e técnica | Sinopse, bio, premios, mencións e valoracións |
---|---|
«La Piel y el Alma» (A Pel e a Alma) |
|
Tráiler: Vimeo [.mp4 • 34'8 Mb] (cc) BY-NC-SA 3.0 2012 Marc Nadal Ficha artística: Dirección e guión: Marc Nadal Fotografía: Marc Nadal Intérpretes: Núria Molina e Montserrat Ocaña. Ficha técnica: Título orixinal: La Piel y El Alma Xénero: Drama Duración: 34 min. Orixe/Nacionalidade: Catalunya, España Ano: 2012 Idioma: Castelán Produtor: Marc Nadal Formato: DVD (HD 16:9) |
Sinopse: Que sentirías se as túas dúas fillas dixésenche que se namoraron a unha da outra? Como afectará as súas vidas, aos seus amigos, ao traballo, ao futuro? Mar namorouse da súa irmá maior Celia, sempre foron inseparables até que Celia foise de casa hai dous anos, agora regresa dous días para sentir de novo unha familia. Unha confesión de Mar podería supor perder a Celia para sempre ou ser dúas almas que se namoran, a pesar da pel que lles encadea como irmás e imposibilítalles ter unha relación normal. Biografía: Estudante de cine nado en Barcelona en 1989, principia a dirixir no 2008, tendo un total de catorce curtametraxes dirixidos e sete proxectos nos que colaborou. Premios e mencións: Proxección no «Festival de Cortos Por Amor al Arte» (A Coruña, 2013) e «Cortopropio» (Madrid, 2013). Valoracións: |
Aluguer: A «Feciga» actúa como mera intermediaria e non recibe ningún tipo de contraprestación económica por dito servizo. Este filme ten licenza Creative Commons (cc) BY-NC-SA 3.0, polo que debes mencionar na convocatoria da proxección a autoría da obra, non podes obter beneficio comercial e debes compartir a gravación do mesmo xeito. |
|
|
|
«El Poema El Cuadro El Disco» (O Poema O Cadro O Disco) |
|
Tráiler: Vimeo [.mp4 • 22 Mb] © 2009 TuperiaPeliculas Ficha artística: Dirección e guión: Guillermo Arias-Carbajal Alonso Música: Lovely Luna Fotografía: Pier Alonso Intérpretes: Xoel López, Félix Arias, Juan De Dios Martín, Lara Pintos, José Souto Montero "Naranjito". Ficha técnica: Título orixinal: El Poema El Cuadro El Disco Xénero: Documental Duración: 66 min. Orixe/Nacionalidade: Galicia, España Ano: 2009 Idioma: Castelán (subtítulos: ING) Produtora: TuperiaPeliculas Formato: DVD |
Sinopse: Dous amigos están a gravar un disco, dous amigos están a falar dos poemas, debuxos ou espectáculos que fan e dous amigos están a falar de arte e os seus cadros. Lovely Luna (Xoel López e Félix Arias), Juan De Dios Martín, Lara Pintos, Chisco Arias-Carbajal e José Souto Montero "Naranjito" son esos amigos. Biografía: Guillermo Arias-Carbajal Alonso (Madrid, 1983) estudou na «Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso» da Coruña, un ano en Vigo na EGACI e máis tarde en Alcorcón na ECA. Seu primeiro traballo foi Luns (2006) que participou no festival de internet «Curtas na Rede». «Amnésico por compasión» (2007) e «Del mismo Oslo» (2008) foron os seguintes traballos, previos ao seu primeiro longametraxe: «El Poema El Cuadro El Disco». Premios e mencións: Atlántida Film Fest (2011) sección oficial; XII edición dos BAFICI sección panorama / métodos (Bos Aires, 2010). Valoracións:
|
Aluguer: A «Feciga» actúa como mera intermediaria e non recibe ningún tipo de contraprestación económica por dito servizo. O prezo sinalado pode ser negociado en función dos pases. | |
ISAN 0000-0002-28C7-0000-9-0000-0000-A |
|
«¿Qué Culpa Tiene El Tomate?» (Que Culpa Ten o Tomate?) |
|
Tráiler: Vimeo [.mp4 • 19'9 Mb] © 2009 Tic Tac Producciones & Lagarto Cine Ficha artística: Dirección e guión: Jorge Coira, Alejo Hoijman, Marcos Loayza, Josué Méndez, Carolina Navas, Alejandra Szeplaki e Paola Vieira. Fotografía: Matías Lago Ficha técnica: Título orixinal: ¿Qué Culpa Tiene El Tomate? Titulo versión internacional: From The Land to Your Table Xénero: Documental Duración: 107 min. Nacionalidades: Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, España, Perú e Venezuela Ano: 2009 Idiomas: Castelán, galego, portugués e aimará. Produtoras: Lagarto Cine, Pucara Films, TV Zero, PatoFeo Films, Tic Tac Producións, Chullachaki Producións e Cooperativa Estrella Films. Formato: DVD |
Sinopse: Sete países. Sete mercados populares. Sete culturas diferentes. Sete directores. Sete miradas distintas. «Que culpa ten o tomate?» é unha longametraxe documental observacional na que participan 7 directores iberoamericanos, que por medio dos seus mercados populares envólvennos nas súas diferentes culturas e formas de vida e cuestionar os modos de produción vixentes. Biografía: Jorge Coira (Rábade, Lugo 1971), a súa experiencia profesional abarca vídeo, TV e cinema. Aparte do seu traballo en afamadas series, dirixiu documentais e curtametraxes (premiadas en varios festivais) e a longametraxe de ficción 18 Comidas. Alejo Hoijman (Bos Aires, 1972), empezou como meritorio de montaxe e axudante de dirección co director F.E. Pino Solanas. Co seu primeiro documental como director Dinero hecho en casa participou en numerosos festivais internacionais, entre eles o «International Documentary Film Festival Amsterdam» (IDFA, 2004) . A súa derradeira fita Unidad 25, acadou numerosos premios. Marcos Loayza Montoya (A Paz, Bolivia 1959), coa súa primeira longametraxe, Cuestión de Fe (1995), acadou varios premios. Éste é o seu sexto traballo. Josué Méndez (Lima, Perú 1976), escribe e dirixe a súa primeira longametraxe Días de Santiago (2004), converteuse no filme peruano máis premiado da súa historia. Carolina Navas graduouse en audiovisuais na «Escuela de Comunicación Social de la Universidad del Valle» (Cali, Colombia 2001). Ao longo da súa carreira, os temas como o urbano, o medo, a paranoia, a violencia e, en xeral, a memoria dun anaco de país, son recorrentes nos seus traballos escritos e audiovisuais. Alejandra Szeplaki (Venezuela), ten máis de quince anos de experiencia no mundo do audiovisual. Traballou tamén como directora de arte, crítica de cine e mestra, imprime coa súa sensibilidade e manexo estético, o seu selo persoal en todos os seus traballos. Paola Vieira (Río, Brasil 1964), traballou dez anos como produtora musical antes de graduarse en cine, nos anos 90. Premios e mencións: premio Jan Vrijman (2009) do IDFA; VIII premios Mestre Mateo (2009) ao mellor longametraxe documental Valoracións: |
Aluguer: A «Feciga» actúa como mera intermediaria e non recibe ningún tipo de contraprestación económica por dito servizo. O prezo sinalado pode ser negociado en función dos pases. | |
|
|
«La Rosa Congelada» (A Rosa Conxelada) |
|
Tráiler: Vimeo [.mp4 • 24'4 Mb] (cc) BY-NC-SA 3.0 2011 Marc Nadal Ficha artística: Dirección e guión: Marc Nadal Música: Richard Wagner, Kendra Springer, Doc & Lena Selyanina Fotografía: Marc Nadal Intérpretes: Jesús Sesma, Alba Ferrara e Christian Guiriguet. Ficha técnica: Título orixinal: La Rosa Congelada Xénero: Drama Duración: 43 min. Orixe/Nacionalidade: Catalunya, España Ano: 2011 Idioma: Castelán Produtor: Marc Nadal Formato: DVD e descarga directa (HD 16:9) |
Sinopse: O paso dos anos e a monotonía, separa a un matrimonio cara extremos opostos creando unha distancia insalvable. Él formou unha vida estable e repetitiva que a súa muller detesta e loita con todos os medios ao seu alcance por mudar. Unha loita de resistencia que xenera situacións terribles para ambos. Biografía: Estudante de cine nado en Barcelona en 1989, principia a dirixir no 2008, tendo un total de catorce curtametraxes dirixidos e sete proxectos nos que colaborou. Premios e mencións: Finalista da IX edición «c.02 Festival de Creació Audiovisual Jove» Festival Baumann (Terrassa, 2011) á mellor obra local da sección oficial; VIII Festival Internacional de Cine de Pasto (FICPA) selección 2012 mellor mediometraxe internacional de baixo presuposto (San Juan de Pasto, Nariño - Colombia); VIII Festival de Cine Inusual (Bos Aires, Arxentina 2012) foco Marc Nadal; seleccionado en Chulpicine «Festival de Cine Infantil y Juvenil» (Quito, Ecuador 2011); seleccionado na mostra de curtametraxes de Poblenou (Poblenou, Barcelona 2011). Valoracións: · IMDb
|
Aluguer: A «Feciga» actúa como mera intermediaria e non recibe ningún tipo de contraprestación económica por dito servizo. Este filme ten licenza Creative Commons (cc) BY-NC-SA 3.0, polo que debes mencionar na convocatoria da proxección a autoría da obra, non podes obter beneficio comercial e debes compartir a gravación do mesmo xeito. |
|
|
|
O Segredo da Frouxeira |
|
Tráiler: You Tube [.mp4 • 11'3 Mb] © 2009 EAF producións e TVG Ficha artística: Dirección e guión: Xosé Abad Música: Marcelino Galán Fotografía: Suso Bello Intérpretes: Paulino Gasalla, Manuel Landeira… familiares Del Río, Gasalla, Landeira e Miño, Bartoleta teatro e Asociación Cultural Fuco Buxán (como figurantes). Ficha técnica: Título orixinal: O Segredo da Frouxeira Xénero: Documental Duración: 60 min. Orixe/Nacionalidade: Galicia, España Ano: 2009 Idioma: Galego-Castelán (subtítulos: ESP · GAL · ING) Produtora: EAF producións e TVG Formato: DVD |
Sinopse: Setenta anos despois dun traumático acontecemento familiar, Paulino Gasalla atopa un pequeno paquete con recortes e recordos. Impresionado inicia unha minuciosa investigación que lle levará a se afrontar ás consecuencias que implica o seu descubrimento. «O Segredo da Frouxeira» afonda na historia de catro familias relacionadas entre si por un feito dramático silenciado durante décadas. Biografía: Xosé Abad Vidal (Figueres, Xirona 1956) Autodidacta de formación, principia a súa andaina profesional en 1979 como fotógrafo profesional, desevolvendo nun principio tres actividades: o xornalismo, traballando con diversas axencias e medios de comunicación; a fotografía artística, con traballos e exposicións individuais (Outono Fotográfico, 2009); e a fotografía publicitaria, que ocupa a meirande parte da súa produción. Na III edición dos Mestre Mateo obtén o premio á «mellor produción de publicidade» dese ano (2004). No eido audiovisual, participou en «Urxa» durante dous meses como foto-fixa (unha das primeiras longametraxes do cine galego contemporáneo), a realización de diversos programas para a televisión, combinando, na actualidade, a súa faceta artística co traballo desenvolto coa súa produtora EAF. Premios e mencións: Nomeado ao mellor documental na VIII edición dos Mestre Mateo (Galicia, 2009); selección oficial no VI Encontro Hispanoamericano de Cine e Vídeo Documental Independente «Contra el silencio todas las voces» sección Dereitos Humanos (México, 2010); selección oficial na XV edición do OUFF, sección temática «Memoria» (Ourense, 2010). Valoracións: |
Aluguer: A «Feciga» actúa como mera intermediaria e non recibe ningún tipo de contraprestación económica por dito servizo. O prezo sinalado pode ser negociado en función dos pases. | |
ISAN 0000-0002-B1F9-0000-Z-0000-0001-4 |
|
1 · 2 · 3 · 4 · 5 · 6 · 7 · 8 · 9 · 10 | > |