Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»

O «Valle-Inclán», como é coñecido popularmente na comarca lucense, naceu primordialmente como cineclube, seguindo a tendencia de representativas asociacións culturais da época.
Foi constituído, oficialmente, o 18 de febreiro de 1966 e o día 2 de marzo de 1966, xa contaba coa súa primeira xunta directiva.
O 4 de marzo dese ano, proxectou a súa primeira fita «Les Parapluies de Cherbourg» (Os Paraugas de Cherburgo), de Jacques Demy.
As actividades do «clube cultural Valle-Inclán» abranque toda clase de manifestacións culturais: de historia e patrimonio cultural, lingua e literatura, teatro, fotografía, reivindicacións e manifestos de carácter social, cultural e político… tratando de harmonizar e xunguir coa súa programación —tanto de xeito illado como con periodicidade fixa—, ciclos cinematográficos temáticos ou de autor.
O cineasta galego Carlos Varela Veiga ostentou a presidencia do cineclube dende 1971 até o seu pasamento en 1980; en 1977 elaborou o anteproxecto de estatutos para unha futura Federación de Cineclubes de Galicia (que tomou forma definitiva en 1984), ademáis de participar nas «V Xornadas de Cine de Ourense».
Tamén fundou e dirixiu en 1975 «Nós Cinematográfica Galega» e deseñou o anagrama desta sociedade que, no artigo segundo dos estatutos fundacionais, defendía…
"a incorporación á cultura galega do fenómeno cinematográfico en todas as súas manifestacións".
Até os anos oitenta, os lugares de proxección foron o «cinema España», «cinema Kursal», «Central Cinema», «Gran Teatro» e o «cinema Victoria».
No rexurdimento que experimentou a sociedade nos anos 90, comezaron as dificultades para contar con novos foros —os anteriores foron desaparecendo—, debido sobre todo, ás compensacións económicas que esixían, o que aconsellou solicitar ao concello, a cesión do Auditorio Municipal Gustavo Freire; aínda que as condicións eran precarias, se utilizou para as proxeccións cinematográficas en 35mm, agardando polo remate do proxecto de construción dun novo auditorio-teatro.
No ano 2006 iniciouse unha colaboración coa Escola de Maxisterio (Facultade de Formación do Profesorado), para usar as súas instalacións, proxectándose en formato DVD.
No 2007 víronse na obriga de renunciar ao «Auditorio Gustavo Freire» e ao formato de 35mm, debido aos problemas de persoal e datas.
Aínda que chegou a contar con case mil socios, hoxe en día ten arredor duns 150 socios/as.
Últimas noticias do cineclube
Valle-Inclán




- Pazo da Deputación Provincial
Salón de actos
rúa San Marcos 8
27001 Lugo


*Calquera día, de luns a sábado.
(Horario CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na túa axenda…
VCard ·
QR
[.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»