Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»

O cineclube «Groucho Marx» iniciou a súa andaina a principios dos anos oitenta. Ademáis da exhibición e debate sobre o feito cinematográfico, considera fundamental, a participación nos medios audiovisuais, como un soporte transcedental para espallar e defender a nosa cultura.
Nos primeiro anos, tras os atrancos sofridos polo peche intermitente da sala de cinema, desenvolveu algunhos dos proxectos audiovisuais pioneiros e de carácter experimental naquela época, e nos que participaron un bo número de profesionais, chegados de todas as partes do Estado.
Foi en 1985, cando creouse a «Tele-Groucho», experiencia única que permitíu implicar ao colectivo docente da vila, e de todos os niveis, nas poderosas ferramentas pedagóxicas que ofrece a comunicación audiovisual.
Grazas a eles, foi posible elaborar traballos de videocreación, formativos, programas de produción propia, onde o seu "experimento educativo", tentaba asentar as bases dunha mellor coordinación e traballo en equipo.
Despois de acadar inserir no ensino o eido audiovisual, o resultado amosábase na «Semana do Cinema» da vila barquense, e tamén en diversos foros, por membros do cineclube, como as «Jornades de Pedagogia de la Imatge» organizadas en Valencia polo «Centro de Enseñanzas Integradas» e a «Generalitat».
O «Groucho Marx» contou co seu xornal «Marxista», unha publicación periódica con artigos formativos e de opinión sobre o cinema, ademais dun completo detalle, da programación que desenvolve o cineclube.
Participaron no «Festival Internacional de la Infancia y la Juventud de Gijón» como xurado cualificador, xunto cunha ducia de rapaces do cineclube, estes asemade, formaron parte do equipo de redacción da publicación e produción dos talleres de imaxe de dito Festival.
Até o ano 2004, chegaram a projetar uma média anual a mais de 100 fitas, no salão de atos da «Casa da Cultura» do Barco. No ano 2005 viram-se na obrigação de suspender temporariamente a sua atividade, por causa das obras de reforma às que esteve submetido dito espaço.
Em junho do 2006 retomaram a atividade e a média atualmente alcança as 60 fitas, projetando neste momento no Teatro Lauro Olmo (Casa da Cultura).
Últimas noticias do cineclube
Groucho Marx
(Ourense)




- Teatro Lauro Olmo
rúa da Estación 2
32300 O Barco (Ourense)

Domingo: 19 h.

* Socios/as: bono anual de 50 €
(Horarios CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na túa axenda…
VCard ·
QR
[.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»