Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»

Aínda que as actividades cinematográficas do cineclube comezaron en 1977, coa constitución en 1983 da Asociación Cívico Cultural Xiria, foi cando fixéronse regulares a partires dese intre.
Desde entón, a asociación cultural convertese no seu eixo fundamental, e da potenciación e difusión da cultura na comarca do Morrazo e no seu concello; organizando actividades como —aparte do cineclube—, concertos, xornadas literarias, debates, contacontos, recitais, banda deseñada, obradoiros de dramaturxia e teatro… como a «Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas» MITFC.
No transcurso dos anos 1997 e 2005, o cineclube tivo que interromper a súa programación, ao reconverterse o cine de Cangas en multicines, e o peche destes finalmente. Iso obrigou a unha inactividade forzada dun ano primeiro, e despois de seis meses.
Conseguiuse reiniciar a programación, grazas a un compromiso do Concello de Cangas de dotar ao Auditorio Municipal dun proxector de 35mm.
Porén, a programación do cineclube Cangas segue a estar determinada pola falla de dotación desa sala e a falla dos compromisos adquiridos.
Grazas a un convenio co centro municipal de Benestar Social, realizan un ciclo de cinema dentro das «Xornadas Interculturais», e retomaron, provisionalmente no ano 2008, a organización dunha «Semana de Cinema» co financiamento da «Feciga» Federación de Cineclubes de Galicia.
A pesares dos constantes incumprimentos, por parte do Concello de Cangas, dos compromisos en medios dotacionais como económicos, o cineclube vaise recompoñendo, e a partires do ano 2009 presentan unha programación regular, grazas ao apoio da súa centena de socios e aos espectadores fieis que acoden ás súas proxeccións e, que saben valorar a oferta do único cine no concello.
Últimas noticias do cineclube
Cangas




- Auditorio Municipal
Av. de Lugo 27
36940 Cangas (Pontevedra)
www.cangas.gal
Tel. +(34) 986 304 108


* De balde para os/as socios/as na programación regular
Bonos anuais, mensuais e trimestrais:
54, 27 e 13'5 € (adultos/as)
36, 18 e 9 € (mozos/as até 25 anos)
(Horario CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na túa axenda…
VCard ·
QR
[.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»