Nota legal

Identidade

En cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xulio, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI), fanse constar os seguintes datos identificativos.
A Federación de Cineclubes de Galicia (en diante «Feciga») co NIF , é unha asociación sociocultural independente e sen ánimo de lucro que agrupa aos cineclubes galegos adheridos. Nado en Vilagarcía de Arousa o 8 de xullo de 1984, fica rexistrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia co número 2004-125-2.
O noso enderezo social sitúase en Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» - Ourense, rúa Ramón Cabanillas 1 entrechán, - 32004 Ourense onde pode dirixirse a efectos de notificación ou contacto (ademais dos canles dispostos no sitio web).

Condicións xerais

A «Feciga» rexistrou os dominios «feciga.org», «cineclubes.gal» e «cineclubes.org», polo que declárase a propietaria —a todos os efectos— de ditos sitios web; reservámonos a utilización de accións civís ou penais que por lei corresponda, ante calquera utilización indebida dos nosos dominios.

As presentes condicións xerais rexen para calquera dos sitios web (propios ou alléos) rexistrados pola «Feciga», como o blogue e as redes sociais (en diante «sitio web») nas que participasemos.

A utilización do sitio web por parte do usuario/a supón o consentimento pleno e sen reservas, de todas e cada unha das condicións recollidas no presente aviso legal e a nosa política de privacidade, que o/a usuario/a afirma comprender na súa totalidade.
No caso de que calquera cláusula fose declarada nula, as demáis cláusulas seguirán vixentes e se interpretarán tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións.

O/A usuario/a se compromete a non utilizar os contidos do sitio web para desenvolver actividades contrarias á lei, carecendo en todo caso a «Feciga», de responsabilidade algunha polo uso que dese o/a usuario/a aos contidos do sitio.

As opinións verquidas no blogue ou redes sociais nas que participasemos, non reflicten necesariamente os puntos de vista da «Feciga»; o contido publicado en ditos medios non pode ser considerado, de ningún xeito, sustitutivo da información contida nos enderezos propios «feciga.org», «cineclubes.gal» ou «cineclubes.org».

O contido das leis facilitado por medio do sitio web, faíse a efectos informativos e non substitúe aos publicados formalmente nos boletíns oficiais, ainda que faremos os esforzos precisos para que a información amosada sexa exacta e actualizada; non podemos asumir unha garantía pola inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se atope totalmente actualizado.

Non podemos asumir ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos ligados á páxinas externas que se fan referencia no sitio web, así como a inexistencia de virus ou outros componentes que puidesen danar o seu equipo informático ou trebello, tanto no noso sitio web como os ligados dende o noso sitio, ao descoñecer cales foron os usos previos que fixo antes de visitar o noso sitio.

Os/As usuarios/as demandantes de información ou calquera servizo, manifestan ser maiores de 18 años, que os datos aportados son veraces e comprométense a comunicar os trocos cando se produzcan, reservándose a «Feciga» as accións que estime pertinentes, no caso de aportar datos falsos. No caso de ser menores, a partir de 14 anos para España e 16 anos para o resto da Unión Europea, poderán solicitar información a condición de que acheguen a debida autorización paterna para o tratamento dos seus datos persoais.

Está prohibido, a utilización dos datos de contacto recompilados no noso sitio web, para o envío (masivo) de calquera tipo de comunicación non solicitado (SPAM) , así como o seu uso con fins comerciais ou de xeito inadecuado atendendo á propia finalidade. Asemade non utilice o noso sitio web, de xeito que dane, deteriore ou sobrecargue os servizos e/ou a información amosada.

A reprodución dos contidos deste sitio web está autorizada sempre que, se faga recoñecemento da súa orixe, a súa utilización non sexa con fins comerciais e comparta o contido do mesmo xeito. A licenza de reproducción para contidos é Creative Commons BY-NC-SA 3.0. O código fonte deste sitio ten, en xeral, licenza GNU Affero v.3, agás nalgunhas das sús partes e no cal sinalase, os termos específicos da súa licenza.

Todos os nomes comerciais, marcas ou signos distintivos rexistrados contidos neste sitio web, ou en calquera das redes sociais, blogue/s nas que participasemos, están protexidos pola lei e poden ostentar dereitos de propiedade intelectual e industrial polo que, absterase de copiar, reproducir, distribuir, pór a disposición ou comunicación pública, sen a autorización expresa e por escrito dos propietarios de ditas marcas ou signos distintivos.

A «Feciga» reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación. Pode facer o seguimento das modificacións, no caso de producirse, por medio do fío RSS disposto no sitio web.

Datos persoais

Xeralmente, as persoas que fagan uso do sitio web, fano sen necesidade de facilitar ningún dato de carácter persoal; porén, para acceder a algunhos dos servizos, os/as usuarios/as, en certos casos deberán facilitalos. «Feciga» garante a confidencialidade dos datos de carácter persoal facilitados polos usuarios/as, segundo o establecido na normativa sobre protección de datos de carácter persoal (LPD e RXPD), adoptando os procedementos administrativos e técnicos necesarios para garantir a seguridade dos datos persoais recompilados.

Neste senso, o/a usuario/a queda informado e prestará o seu consentimento de xeito específico para a incorporación dos seus datos aos ficheiros automatizados da nosa titularidade e inscritos na AEPD, para o tratamento automatizado como consecuencia de consulta, solicitude, contratación ou de calquera transacción co obxecto de acceder aos servizos facilitados pola Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» e os seus cineclubes adheridos. Atendendo ao RXPD, a figura (opcional na «Feciga» e cineclubes asociados) do Delegado de Protección de Datos non está dispoñible nestes intres.

Garántese que os seus datos persoais xámais utilizáranse para unha finalidade distinta daquela para a que foron recabados, deste xeito, baixo ningún concepto os cedemos a ningunha persoa ou entidade, ainda que teñamos acordos de colaboración ou patrocinio.

Porén para o correcto mantemento de relacións contractuais no caso de servizos prestados, os datos poderían ser cedidos —en caso necesario— a entidades ou organismos da administración pública; solicitaríamos, en tal caso, dos/das usuarios/as o seu consentimento expreso para dita cesión, asemade do envío de ofertas promocionais ou comunicacións publicitarias da «Feciga», agás no exercicio da lei 10/2010.

Pode exercitar os seus dereitos fundamentais, de acceso, rectificación, limitación, cancelación, oposición e portabilidade, nos termos previstos no regulamento xeral de protección de datos (UE 2016/679), do 4 de maio, sobre a protección de datos de carácter persoal e a libre circulación destes, mediante solicitude escrita por correo postal ou electrónico (indicando no asunto «LPD»), achegando tamén unha copia da súa identificación, ao enderezo sinalado nos datos identificativos deste aviso legal.

Dispoñemos de perfís nas principais redes sociais de internet, como Cabozo, Google, Facebook, Film Affinity, Filmow, Latri.ca, Twitter… etc, os cales posuen cada un destes servizos, particulares condicións de uso e privacidade.
Os datos persoais contidos nos perfís dos nosos seareiros en ditos servizos, na medida que éstos sitios o permiten, se utilizan para informar a eles por calquera entorno que a rede social permita, das actividades da «Feciga» e os cineclubes galegos asociados, na rede social á que estivese vencellado e non se extraen baixo ningún concepto, a menos que se obtivese previamente a solicitude por parte do usuario/a ou ben un consentimento expreso para facelo.

Cando, debido á propia natureza das redes sociais, o exercicio efectivo dos dereitos do seareiro/a quedase supeditado á modificación do perfil persoal deste, a «Feciga» lle pode axudar ou aconsellar na medida das súas posibilidades.

O envío das actualizacións de contidos do noso sitio web por medio da listaxe de correo é automático e de balde para o/a usuario/a quen, para suscribirse, deberá expresamente prestar o seu consentimento previo por medio de 3 sistemas sucesivos de verificación da súa solicitude. Se vostede está suscrito por medio da súa caixa de correo electrónico, pode darse de baixa en calquera momento premendo sobre a ligazón que lle aparece ao final da mensaxe de actualización que recibe, ou ben ao noso enderezo sinalado nos datos identificativos do aviso legal, indicando no asunto «Baixa FeedBurner». Os devanditos datos puidesen estar aloxados en servidores fóra da Unión Europea, consonte ao acordo EU-US Privacy Shield aprobado polo Comité Europeo de Protección de Datos.

Xurisdicción e lei aplicable

As presentes condicións xerais rixense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os xulgados de Ourense, renunciando expresamente o/a usuario/a a calquera outro foro que puidera corresponderlle, agás no caso de contratos por servizos, en cuio caso o foro aplicable será o do lugar no que o/a usuario/a teña o seu enderezo habitual, ou no seu defecto o foro do lugar no que se tiver producido o servizo contratado.

A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos agás por recoñecemento expreso da «Feciga».

Actualización: 22 de setembro do 2018

Datos identificativos

  •  
  • Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»

  • Federación de Cineclubes de Galicia rúa Ramón Cabanillas 1 entrechán
    32004 Ourense


    +(34) 988 235 946


  • NIF


  • de rexistro na XG: 2004-125-2


Datos persoais

  •  
  •  
  • De licitude, lealdade e transparencia: sempre requiririmos o teu consentimento para o tratamento dos teus datos persoais para un ou varios fins específicos que che informaremos previamente con absoluta transparencia.
     
  • De minimización de datos: só solicitamos datos estritamente necesarios e mínimos posibles en relación cos fins requeridos.
     
  • De limitación do prazo de conservación: os datos serán mantidos durante non máis tempo do necesario para os fins do tratamento, en función á finalidade, informárase do prazo de conservación correspondente.
     
  • De integridade e confidencialidade: serán tratados de tal xeito que se garanta unha seguridade adecuada dos teus datos persoais asemade da súa confidencialidade.
     

 

 

Apoios

 

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0. • Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»