Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»

A fundación do Cineclube de Compostela data da primavera de 2001, cando un grupo de mozos universitarios, estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación, comezaron a proxectar filmes en formato vídeo en dito centro.
As proxeccións duraron tres meses; cada filme ía acompañado dunha recensión na que algún deles realizaba un estudo crítico da obra, práctica que continuou desde aquela.
Esta experiencia inicial foi un ensaio do que chegaría a ser logo o cineclube, xa que nese tempo, unha vez confirmada a existencia dun público para as actividades, xurdiron as primeiras ideas e constituíronse como asociación cultural.
En xaneiro do 2002 comezou a segunda xeira do cineclube, exhibindo xa filmes en formato cinematográfico, 16 ou 35mm, todos os martes no Auditorio da Facultade de Xornalismo.
Escomezoúse a formar un fondo de vídeo, de revistas e de libros, ao cal teñen acceso os socios e socias, e que sirve como canle alternativa de achegamento ao cinema; por aquel tempo acadaron acordos con diferentes entidades, como a «Alliance Française» ou co «Goethe-Institut».
Na súa cuarta tempada houbo trocos importantes: amplioúse a duración da actividade a oito meses (de outubro a maio) e as proxeccións foron trasladadas á «sala Yago», aínda que se seguiron a facer actividades no auditorio de Xornalismo.
O mudar de espazo supuxo un incremento de público superior ao 100%, o que o situou nunha media de 190 espectadores.
Contou con acordos de colaboración co Concello de Santiago de Compostela o coa asociación Cidade Vella, e renováronse os xa existentes coa Universidade (USC) e coa «Alliance Française».
Na actualidade as proxeccións do cineclube de Compostela realízanse no centro social O Pichel, por medio de videoproxección.
Últimas noticias do cineclube
Compostela
(A Coruña)




- Centro Social do Pichel
rúa Santa Clara 21
15704 Santiago (A Coruña)


* De balde os socios/as, desempregados/as e xubilados/as
Bonos mensuais: 5 € | 3 €
(Horario CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na tú axenda…
VCard ·
QR
[.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»