encontro de

cineclubes

ollamos cousas incríbles!!!

auditorio municipal de Ourense
5-6 novembro 2011

O encontro dos cineclubes de toda Galicia, Portugal, e unha representación do audiovisual galego, ademáis da Federació catalana de cineclubs, nos servirá para debatir a situación do sector audiovisual, especialmente no sector cineclubista, comparando o funcionamento dos distintos actores participantes, e ao mesmo tempo para reclamar unha política audiovisual á Xunta de Galicia.

Datas: sábado  5 e domingo 6 de novembro de 2011. Horarios segundo o CET (CUT+1)

Lugar: Auditorio Municipal, rúa da Canle 2 - 32005 Ourense

O programa destos encontros terá o seguinte contido:

sábado 5 de novembro:

10:00 h. Recollida de acreditacións e material.

Apertura do mercadillo de libros, filmes e mercadotecnia (até 14 h.)

11:00 h. Inauguración oficial.

(Entrada prioritaria a cineclubes, resto libre até completar aforamento)

11:30 h. Mesa redonda: Debate sobre a situación actual dos cineclubes e a distribución do cine de autor independente.

Interveñen: Julio Lamana da Federació Catalana de Cineclubs, un representante da Federaçăo Portuguesa de Cineclubes e Manuel Precedo da Federación de Cineclubes de Galicia

13:45 h. Descanso para xantar

Lugar: Restaurante-parrillada Monterrey, rúa San Miguel 16, 32003 Ourense

16:00 h. Proxección: «La Vida Útil» de Federico Veiroj (Uruguai, 2010)

Retrato dunha situación difícil, nunha cinemateca. «La Vida Útil» referencia o oficio do propio cine, é dicir unha metaficción, unha idea de revalorizar o cine nunha ficción

Fotografía: Arauco Hernández Holz
Reparto: Jorge Jellinek, Manuel Martinez Carril, Paola Venditto

Premios: mellor actor Jorge Jellinek (BAFICI 2011), mellor director (Valdivia 2010) e seleccionada aos Oscar por Uruguai (2010)
Guión: Inés Bortagaray, Gonzalo Delgado, Arauco Hernández Holz, Federico Veiroj
Música: Leo Masliah, Macunaima, Eduardo Fabini

Sipnose: Jorge ten 45 anos, vive cos seus pais e traballa nunha cinemateca desde fai 25 anos. Desempeña tareas técnicas, de programación, e conduce un programa de radio sobre cine. A cinemateca está nunha situación cada vez máis crítica e Jorge, que nunca traballou fora do cine, se queda sen emprego. “A vida útil” conta como Jorge debe mudar o seu modo de ser para adaptarse a un mundo novo. Talvez, despois de todo, o cine o axude a sobrevivir...

17:30 h. Conferencia: «As catro partes dun filme: a distribución cinematográfica» por Pepe Coira (Produtor, crítico e xornalista cinematográfico, exdirector do CGAI i exvicepresidente da Academia Galega do Audiovisual)

19:00 h. Proxección: «The Trap» —Klopka de Srdan Golubovic (Serbia, 2007)

O prezo da vida na posguerra Serbia. «Dosifica a súa trama con maestría (...) Manojlovic realiza unha das composicións máis memorables nun filme excelente» (Jordi Costa: Xornal El País)
film
Premios: Mellor filme (SIFF 2007), mellor director (FIPRESCI no GoEast Film Festival 2007)
Guión: Melina Pota Koljevic, Srdjan Koljevic, Nenad Teofilovic
Música: Mario Schneider
Fotografía: Aleksandar Ilic
Reparto: Nebojsa Glogovac, Natasa Ninkovic, Miki Manojlovic, Anica Dobra, Bogdan Diklic, Vuk Kostic, Vojin Cetkovic, Dejan Cukic

Sipnose: No Belgrado da posguerra conviven as formas novas e vellas de corrupción, e a distancia entre os ricos e os pobres faise cada vez maior. Belgrado loita por encontrar a súa identidade, cuxo turbulento e recente pasado deixou a moitos nun deserto moral e existencial. Neste contexto sitúase no fogar de Mladen, a súa esposa Marija e o seu fillo Nemanja. Cando a Nemanja selle diagnostica unha seria afección cardíaca, e os médicos insisten en que sexa operado no extranxeiro.

20:45 h. Descanso para a cea

Lugar: Restaurante-parrillada Monterrey, rúa San Miguel 16, 32003 Ourense

22:00 h. Concerto: «Ondas Martenot» no Auriense

Lugar: Café Cultural Auriense, praza do Correxidor 11, 32003 Ourense

Formación integrada por Amil, Antón «Papaqueixos», Cristina «O Sonoro Maxín», e Leo «Arremecaghona», que tributa unha homenaxe musical ao poeta Lois Pereiro, coas cancións das que gostaba... Lou Reed, Parálisis Permanente, Radio Océano, The Doors... etc.

domingo 6 de novembro:

11:00 h. Proxección: «La Chica que saltaba a través del Tiempo»Toki Wo Kakeru Shôjo— (The Girl Who Leapt Through Time) de Mamoru Hosoda (Xapón, 2006)

Unha epopeia poética sobre o tempo. «Divertida e creativa...» (Ty Burr: Xornal «Boston Globe»)
film
Premio: Mellor filme de animación (Festival de Sitges 2006)
Guión: Satoko Okudera (Novela de Yasutaka Tsutsui)
Música: Kiyoshi Yoshida
Fotografía e reparto: Animación

Sipnose: O tempo do instituto é un dos máis entrañables durante a adolescencia. Para a xove Makoto e os seus amigos Chiaki e Kosuke é realmente importante pasalo ben xuntos tanto tempo como poidan, xogando ao béisbol despois da clase, xa que os tres están a piques de subir de grao e ao ano seguinte talvez non sigan xuntos. Pero un día, Makoto recibe un peculiar don: a capacidad de ir cara atrás no tempo dando brincos xigantes. Makoto usará esta habilidade para evadir os problemas e alongar a súa diversión.

12—14 h. Mercadillo de libros, filmes, e mercadotecnia.

13:00 h. Presentación da e das conclusións do encontro.

13:45 h. Descanso para xantar

Lugar: Restaurante-parrillada Monterrey, rúa San Miguel 16, 32003 Ourense

16:00 h. Proxección: «Animal Kingdom» de David Michôd (Australia, 2010)

«Vibrante (...) é imposible prever o que sucederá ao final de cada escea. (...) verosimilitude brutal e nada efectista ... (Federico Marín Bellón: Xornal ABC)
film
Premios: Premio do xurado ao mellor filme internacional (Sundance 2010); nominación de Jacki Weaver como mellor actriz secundaria nos Oscar 2010
Guión: David Michôd
Música: Antony Partos
Fotografía: Adam Arkapaw
Reparto: Ben Mendelsohn, Joel Edgerton, Guy Pearce, Luke Ford, Jacki Weaver, Sullivan Stapleton, James Frecheville, Dan Wyllie, Anthony Hayes

Sipnose: Trala morte da súa nai, Joshua "J" Cody, ten que trasladarse a casa da súa avoa Janine, que vive en Melbourne cos seus tres fillos, Andrew, Darren e Craig, todos implicados en negocios ilegais. Inevitablemente, o rapaz mestúrase nos turbios asuntos dos seus tíos, sobre todo cando se produza un enfrontamento entre os seus familiares e as autoridades locais, situación que provocará unha serie de asasinatos a sangue fría.

18:00 h. Proxección: «Inside Job» de Charles Ferguson (EE.UU2010)

«A perpetua historia da infamia. (...) o contado provoca estupor e anguría; o final pon os pelos de punta» (Carlos Boyero: Xornal El País)

Premio: Mellor película documental (Oscar 2010) Guión: Charles Ferguson
Música: Alex Heffes
Fotografía: Kalyanee Mam, Svetlana Cvetko
Reparto: Documental ( Con entrevistas, entre outros/-as a: Barney Frank, Charles Morris, Daniel Alpert, Dominique Strauss Kahn, Glenn Hubbard, Eliot Spitzer, George Soros, Christine LaGarde... etc.)

Sipnose: Documental non só sobre as causas, senón tamén sobre os responsables da crise económica mundial de 2008, que signíficou a ruina de millóns de persoas que perderon os seus fogares e empregos, e que, ademáis, provocou a inestabilidade económica dos países desenvoltos. Ao través dunha extensa investigación e de entrevistas a financeiros, políticos e xornalistas, amósase o auxe de empresarios sen escrúpulos e a degradación da política e a educación.



Pdf Descarga o programa [.pdf • 612 Kb] dos «Encontros de Cineclubes»
Vcs Engade todas as actividades[.vcs • 14 Kb] na túa axenda.*

* Podes engadir só as actividades que teñas interés na tú axenda, premendo sobre a súa indicación horaria [.vcs • 1 Kb]

patrocinio Federación de Cineclubes de Galicia «FECIGA» Cineclube Padre Feijoo Concello de Ourense Concellaría de Cultura do Concello de Ourense
(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0. FECIGA