30 anos da Feciga
Trinta anos cúmprense no mes de xullo do 2014, da posta en marcha (en Vilagarcía) da Federación dos Cineclubes de Galicia «Feciga» e grazas á tenacidade de Sexismundo Bobillo Morgade, Ana Fernández, Miguel Anxo Fernández, Luis Rodríguez Taus, X. M. Rodríguez, Anxo Santomil e Marcos Valcárcel López, que por aquela época formaban parte dalgunho dos cineclubes que confluían na Federación en Galicia… (Adega, Barbanza, Cangas, Carballiño, Carballo, Os Chaos, Galiñeiro, «Groucho Marx», «Padre Feijoo», Pontevedra, Toma 3 e «Valle-Inclán»).
Temos moito que festexar e agradecer, sabemos que queda moito traballo por desenvolver, somos conscientes das tarefas que quedan por diante, da súa urxencia e importancia; así que celebrémolo hoxe e, mañán voltaremos ao noso traballo vital, de axudar a crear un mundo crítico co feito audiovisual.
Espalla o aniversario
Establecendo certa semellanza ca época de «Modern Times» (Tempos Modernos) de Charles Chaplin, nun tempo difícil como o contexto da crise actual, a pesares de todos os atrancos cumprimos trinta anos e vós trasladamos visualmente en imaxes esa analoxía, con este vídeo conmemorativo destos 30 anos; sírvete de espállalo por onde consideres convinte, agora é voso!
Velaquí tes o código HTML para que poidas inserilo no teu blogue ou sitio web:
<iframe width="420" height="315" src="http://www.youtube.com/embed/-HN4kJlxa6I?rel=0&hd=1&controls=0&theme=light&showinfo=0&modestbranding=1" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Tamén temos un bonito cartaz (deseño de Iñaki Nóvoa) para o «Encontro de cineclubes» e inauguración do «cinema Palleiriso» que imos celebrar o sábado 28 de xuño de 2014 en Chantada, por si queres imprímilo e colocalo en espazos públicos (autorizados); espállalo!.
Descargar cartaz [.jpg • 7'3 MB]
Axúdanos a espallar polas redes sociais o noso aniversario, por favor utiliza o cancelo #30AnosFeciga
e o enderezo acurtado: http://ir.gl/30AnosFeciga
para dar a coñecer os nosos primeiros 30 anos.
Belvís Cabozo Correo Evernote Google+ Facebook Latri.ca Twitter
Ao espállalo noso aniversario, estás a dar visibilidade ao traballo que facemos entre todos os cineclubes.
Participa connosco
Utilizamos Google+ como plataforma, para crear un anel colectivo e público, chamado «Cineclubes de Galicia», co obxecto de unir a persoas co mesmo interese que nós, o achegamento da cultura audiovisual á sociedade e a promoción, divulgación e estudo crítico do feito cinematográfico e audiovisual en xeral. Non precisas pertencer a un cineclube para participar.
Colabora
Se paréceche unha boa iniciativa o noso traballo, agradecémosche bótesnos unha man de xeito altruísta, colaborando no traballo que desenvolve o cineclube da túa bisbarra ou ben, economicamente cunha pequena doazón (2 €) por medio de Flattr.
A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» é unha asociación cultural sen ánimo de lucro, polo que os cartos que percibe son para apoiar unicamente o cineclubismo galego e ademais tratamos de ofrecerche uns servizos, a prezo de custe ou de balde incluso.
Encontro de cineclubes
Para conmemorar o trinta aniversario, faremos un encontro de cineclubes en Chantada, o sábado 28 de xuño de 2014.
Con dita xuntanza, a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» aposta por dar un pulo ao cineclubismo rural; deste xeito non dúbidamos en axudar ao cineclube Papeiros e súa aposta polo «cinema Palleiriso», unha antigua palleira situada moi preto de Chantada, en Garabelos (parroquia de San Martiño de Mariz), reconvertida en sala de proxeccións.
De seguido, amosámosche o programa de actos previsto…
10:30 h. Recepción de participantes e cineclubes.
11:00 h. Campo de traballo no cinema Palleiriso.
14:00 h. Sesión vermú co «Trío Motobomba», composto polo dueto de Cristina Asenjo R. (acordeón) e Samuel S. Figueiras (guitarra e voz), agardando contar co acompañamento dos presentes (velaquí tes un pequeno lembrete para que non teñas escusas), para cantar e tocar temas tradicionais ao máis puro estilo festivo-tabernario.
Cristina é habitual dos Sonoro Maxín, do que Samuel participou até hai ben pouco.
14:40 h. Xantar de leira.
16:15 h. Coloquio—debate sobre o cinema no rural.
18:30 h. Inauguración do «cinema Palleiriso» con música e cinema.
Haberá unha sesión de cinema en 16mm a cargo de Cris Lores (cineclube Pontevedra) e o cinema dixital aportado polos cineclubes; contaremos cunha escolma dos traballos feitos por Charlie Chaplin (para conmemorar o centenario do seu primeiro filme).
21:00 h. Remate da xuntanza.
Listaxe de correo
Non compartimos con ninguén o teu enderezo electrónico. Consulta a nosa política de privacidade para obter máis información.
Cineclubes na Feciga
Velaquí os cineclubes pertencentes á Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» convidados á xuntanza. Podes obter máis información dos cineclubes premendo nos ligazóns seguintes:
- O Barco de Valdeorras, Ourense
Groucho Marx - Cangas, Pontevedra
Cangas - Chantada, Lugo
Os Papeiros - O Carballiño, Ourense
Carballiño - Lugo
Valle-Inclán - Monforte de Lemos, Lugo
A Calexa - Noia, A Coruña
Liceo - Ourense
Padre Feijoo - Pontevedra
Pontevedra - Santiago de Compostela, A Coruña
Compostela - Tomiño, Pontevedra
Poleiro - Vigo, Pontevedra
Lumière - Viveiro, Lugo
Pensamento e Sementeira
Tes tamén ao teu dispor, este formulario se desexas contactar con algún deles.
Creative Commons BY-NC-SA 3.0. FECIGA