Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»

O cineclube Pensamento e Sementeira (PeS) agroma no colectivo do mesmo nome en Viveiro no ano 2013 e un ano despois incorpórase á «Feciga»
O inzo do Colectivo xurdira da Agrupación Cultural Sementeira (1972—2003) e doutras asociacións culturais da mariña occidental, conservando algúns/algunhas das persoas vencelladas na actual comisión reitora. O nome do colectivo quere render honra ao xornalista viveirense máis destacado e uns dos fundadores das «Irmandades da Fala» Antón Vilar Ponte, co nome que leva unha das escolmas cos seus traballos xornalísticos.
A defensa do noso patrimonio cultural no sentido máis amplo do termo, tanto o material como o inmaterial, a defensa do patrimonio natural, da nosa lingua asemade da súa promoción e, a divulgación do coñecemento en xeral son os eixos nos que sustentan a súa programación.
A primeira proxección foi o 29 de xaneiro de 2014, un traballo de Seném Outeiro «A Fazaña da Liberdade», filme biográfico do intelectual galeguista Alexandre Bóveda.
Últimas noticias do cineclube
Pensamento e Sementeira




- IES Sarmiento
Salón de actos
rúa Misericordia 58
27850 Viveiro


* Programación outono—inverno
(Horarios CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na túa axenda…
VCard ·
QR
[.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»