Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»

O cineclube «Lumière» foi creado en 1993 por un grupo de persoas de diferentes profesións co fin de incorporar á cidade outra canle cultural, inexistente até ese momento, e outro xeito de ver o cinema.
O nacemento do «Lumière» supuxo recuperar para a cidade olívica unha actividade que non tiña continuidade dende o ano 1982, data na que desapareceu o último dos cineclubes vigueses dos anos setenta.
Teñen como obxectivo, a difusión da cultura cinematográfica, unha vocación e interese polo estudo do cine, un achegamento ao cine dun xeito crítico e por conseguinte, tamén á sociedade; ademais da promoción dos realizadores novos, facilitándolles a produción e a posterior exhibición dos seus traballos.
Alén diso, ofrecen á cidadanía, unha ampla colección de materiais bibliográficos, audiovisuais e rexistros gráficos, que permitan a todas as persoas interesadas, acceder a unha información extensa e específica sobre o eido cinematográfico.
Ao longo da súa pequena historia, subliñar a organización estable de diversos ciclos de cinema, en colaboración con numerosas entidades da cidade…
«Alliance Française», a obra social de NCG (centro cultural de Caixanova e aula de Caixa Galicia), o Colexio de Arquitectos; de integración social como a Fundación Érguete-Integración e veciñal… Casco Vello, Val do Fragoso, Plan Comunitario de Teis; institucionais como as concellerías de Xuventude, Educación e da Muller, a Universidade de Vigo, a Escola Oficial de Idiomas… etc.
O cineclube «Lumière» organizou o «I Premio de Guións Chano Piñeiro», no ano 1995, ciclos de cinema galego-portugués, nos anos 1993 e 1994, un ciclo de cinema cubano no ano 1997 e a mostra de curtametraxes de «Novos Realizadores», entre os anos 1994 e 2003.
Os membros da súa directiva, participaron como xurado no Festival Internacional de Cinema de Figueira da Foz (Portugal), no ano 1995, e no Karlovy Vary (República Checa), no ano 2002.
O cineclube ademais colaborou na produción de varias curtametraxes, participa en parladoiros, entrevistas de radio e televisión, ademais de organizar exposicións, cursos, coloquios e mesas.

Auditorio Municipal de Vigo
Últimas noticias do cineclube
Lumière




- Auditorio Municipal
Pz. do Rei S/N
36202 Vigo (Pontevedra)


* Socios/as e desempregados/as.
Cota anual: 18 €; bono para socios/as: 5 filmes por 15 €
(Horario CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na túa axenda…
VCard ·
QR
[.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»