Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»

O cineclube Poleiro naceu no seo da «Asociación Cultural Eliseo Alonso» en marzo de 1998, aínda que até setembro dese ano non formalizou a súa inscrición no rexistro oficial de cineclubes de Galicia, co obxectivo de desenvolver e acadar un punto de encontro cultural na comarca do Baixo Miño, nuns momentos no que só un cinema da Guarda tiña unha programación estable durantes os fins de semana.
Desde a súa constitución organizou 2 ciclos (de 4 filmes cada ciclo) en cada tempada, o primeiro nos meses de outubro a xaneiro e o segundo de febreiro a maio. Proxectábase o primeiro xoves de cada mes na Guarda no cine Avenida.
O filme «Cry, the Beloved Country» (Pranto pola Terra Amada) de Darrell James Roodt, iniciou o seu primeiro ciclo, intentando compaxinar cinema de actualidade e clásico.
No ano 2005 co peche da sala de cine, o cineclube viuse obrigado a paralizar a súa actividade, até o ano 2009 que a recuperou, con proxeccións en formato DVD.
A comedia canadense «L'Age des Ténèbres» (A Idade da Ignorancia) de Denys Arcand iniciou a súa nova xeira, no Auditorio Municipal de San Cristovo de Goián, na parroquia de Tomiño, centro xeográfico da comarca do Baixo Miño.
O obxectivo que, en definitiva o cineclube persigue, é achegar un cinema de calidade e actual, lonxe moitas veces, dos circuitos comercias, a unha comarca que durante as últimas décadas comprobou como os cines ían desaparecendo dos seus concellos, sendo neste momento a súa pantalla, a única aberta no Baixo Miño.
Últimas noticias do cineclube
Poleiro
Asociación Cultural Eliseo Alonso



- Auditorio Municipal
Av. Pío Troncoso 3
36740 Goián, (Pontevedra)


* Primeiros xoves de mes
(Horario CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na túa axenda…
VCard ·
QR
[.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»