Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»

O 13 de xuño de 1954 comezaron as actividades culturais do cineclube Pontevedra coa primeira sesión cinematográfica, que consistiu na proxección dos documentais: «Farrebique ou Les Quatre Saisons» (Farrebique ou As Catro Estacións) de Georges Rouquier, «Van Gogh» de Alain Resnais, «Versailles et ses Fantômes» (Versalles e os seus Pantasmas) de Jean Béranger e «Balzac» de Jean Vidal, todos eles cedidos pola Embaixada de Francia.
No seu inicio, o primeiro domicilio social estableceuse nas oficinas da Delegación Provincial de Información e Turismo de Pontevedra, sendo por aquel entón o seu Delegado Provincial, Julián Álvarez Villar, un dos membros fundadores do cineclube. A súa autorización definitiva (RAGC-20) data do 18 de agosto de 1954.
O 17 de outubro de 1955 produciuse o primeiro troco na súa xunta directiva, e xurde a figura de Juan Manuel Lazcano i Castedo, o principal impulsor do cineclube, alternando os cargos de secretario e presidente até os anos oitenta, cando o substituíron xeracións máis novas.
Nos máis de 50 anos, o «Pontevedra» —decano dos cineclubes galegos— mantivo a súa actividade ininterrompidamente, a pesares dos avatares e trocos ocorridos nas preferencias do público, nos cinéfilos e nos medios audiovisuais. En xaneiro de 2016, acadaron que as proxeccións voltaran ao Teatro Principal de xeito regular.
Entre as múltiples actividades desenvoltas, salientar os ciclos adicados á muller, ao cinema galego e portugués, á diversidade funcional, medio ambiente, historia do cinema, cinema de actualidade, «Noites Abertas», as sesións de «Cinema na Rúa», «Cidade e Arquitectura no Cinema», a «Semana de Cinema Infantil»…etc.
Pola súa traxectoria, no ano 2004, o cineclube recibiu o «Premio Especial José Sellier» [.pdf • 67 kB] concedido pola Academia Galega do Audiovisual.
Ademais das actividades culturais que de xeito regular organiza para os seus socios/as, tamén presta asesoramento e realiza diferentes actividades para entidades asociativas, centros culturais ou de ensino, que desexen realizar algún ciclo temático, ademáis de colaborar activamente con diversas organizacións e eventos, como o salón do libro infantil e xuvenil, o programa «Maio» (mes da lingua) e o cinema de FLOP e «No Xardín» do Liceo Mutante.
Últimas noticias do cineclube
Pontevedra




- Teatro Principalrúa Paio Gómez Chariño 6
36002 Pontevedra Pontevedra


*Cota reducida para socios/as
Bonos:
anual 60 € | trimestral 18 €
(Horario CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na túa axenda…
VCard ·
QR
[.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»