Sala de prensa

A Sala de Prensa da «Feciga» pretende facilitar aos profesionais dos medios de comunicación e axencias un acceso directo ás notas, comunicados, recursos audiovisuais e cartapacio de prensa que pode resultar do seu interese.

Nesta sección atopárase cunha listaxe cronolóxica coas últimas comunicacións enviadas, asemade doutra cos recursos de apoio segundo os temas tratados.
Se dexesa obter máis información, por favor non dúbide en contactar connosco.

Lembramos que a licenza xeral para todos os materiais e recursos dispoñibles neste sitio, agás que se indique o contrario, é Creative Commons BY-NC-SA (ccFeciga.

Comunicados, convocatorias e notas de prensa


  • NOTA DE PRENSA

Comunicados, convocatorias e notas de prensa
  Data: 19/06/2018 ‣ Asunto: Enquisa ao público dos cineclubes de Galicia .pdf [398 kB]


O público dos Cineclubes de Galicia avalía cun notable a súa programación e nun 80 % prefiren os filmes en versión orixinal subtítulada (VOS)


Son dous dos resultados extraídos da sondaxe realizada pola Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» entre os asistentes aos seus cineclubes, onde un 70 % declárase asociado/a


A intención era obter a percepción que ten o público sobre o traballo que desenvolven os cineclubes. Sobre a base dunha vintena de cuestións, realizouse unha enquisa por medio dun formulario web, onde se preguntaba aos/ás asistentes que desexaron participar, preguntas sobre a preferencia por datas e horarios, que estimaban mellor para as sesións dos cineclubes aos que asisten, a avaliación da súa programación, instalacións, coñecemento do sitio web e onde obteñen principalmente a información da programación, que lles motiva para a súa asistencia, se desexan participar nalgún foro, proxección de curtas, filmes en versión orixinal subtítulada (castelán ou galego), orixinal ou dobradas… e se estiman que estas debesen ser de balde ou con algunha cota de acceso.

O traballo de campo desenvolveuse durante algo máis dun ano e participou de xeito totalmente voluntario o público dunha ducia de cineclubes (dos 19 que compoñen a «Feciga»). Os/as socios/as e seareiros/as do ourensán cineclube e do lugués participaron activamente (e por conseguinte a marxe de erro da enquisa é menor); por contra a participación do cineclube na comarca do foi minoritaria.

Destacamos algunha das cuestións expostas, por exemplo sobre a asistencia, a gran maioría dos que asisten ás sesións (73 %) son socios ou socias, de xénero maioritario feminino (62 %), un 57 % asisten a todas as sesións (a media de sesións celebradas é de 4 ao mes) e destes aínda hai quen asistiría a máis (18 %), sobre un 43 % que o fan á metade delas. Inflúe sobre a súa asistencia ás sesións, a sipnose ou a dirección do filme (59 % e 49 % respectivamente) e o desmotiva, a data (47 %) e a duración (30 %).

Sobre as proxeccións, os filmes en versión orixinal subtítulada (VOS) teñen o apoio maioritario, un 54 % prefíreas en castelán e un 35 % en galego.

Resultados completos e detallados por cineclube no anexo.



 
 
 

Tabla asistencia
 

Tabla cota
 

Tabla versión original subtítulada
 

Tabla avaliación
 

Tabla enquisa cineclubes
 



 
 

  • orde cronolóxica descendente
Listaxe de comunicacións enviadas aos medios
Tipo Data Peso Formato
Enquisa ao público dos cineclubes de Galicia Nota 19/06/18 398 kB .pdf
Xuntanza 2016 dos cineclubes en Lugo Nota 20/05/16 366 kB .pdf
Proxección solidaria 2016 a prol dos refuxiados Nota 06/05/16 6'1 MB .pdf
Xuntanza 2015 dos cineclubes en Ourense Nota 14/05/15 347 kB .pdf
30 anos da «Feciga» e o cinema «Palleiriso» Nota 27/06/14 1'1 MB .pdf
Xuntanza 2014 dos cineclubes en Ourense Nota 09/05/14 350 kB .pdf
Encontro de cineclubes en Portugal e «Primeirolhar» Nota 01/05/14 530 kB .pdf
Relatorio do cinema comercial en Galicia (200712) Nota 05/12/13 937 kB .pdf
Xuntanza 2013 dos cineclubes en Ourense Nota 23/05/13 350 kB .pdf
Convocatoria do premio «PrimeirOlhar» 2013 Nota 08/03/13 534 kB .pdf
Resumo 2012 dos cineclubes de Galicia Nota 31/12/12 413 kB .pdf
Rede alternativa de distribución Nota 11/05/12 8'7 MB .pdf

 
 

Listaxe de arquivos de apoio aos comunicados enviados aos medios
Data Tipo Peso Formato
 Tabla con datos da enquisaTabla enquisa asistencia
[1024*418 px — .png · 281 kB]
(cc) Feciga
 
 Asistencia  (1024*418 px)
2018 Imaxe  281 kB .png
 Tabla con datos da enquisaTabla enquisa cota
[1024*350 px — .png · 135 kB]
(cc) Feciga
 
 Cota  (1024*350 px)
2018 Imaxe  135 kB .png
 Tabla con datos da enquisaTabla enquisa versión orixinal subtítulada
[1024*189 px — .png · 85 kB]
(cc) Feciga
 
 Versión orixinal subtítulada  (1024*189 px)
2018 Imaxe  85 kB .png
 Tabla con datos da enquisaTabla enquisa avaliación
[1024*104 px — .png · 37 kB]
(cc) Feciga
 
 Avaliación  (1024*104 px)
2018 Imaxe  37 kB .png
 Tabla con datos da enquisaTabla enquisa cineclubes
[1024*1174 px — .png · 945 kB]
(cc) Feciga
 
 Cineclubes  (1024*1174 px)
2018 Imaxe  945 kB .png
 Logo da «Feciga»Logo «Feciga»
[1100*400 px — .png · 33 kB]
(cc) Feciga
 
 A cor con fondo transparente  (1100*400 px)
2017 Imaxe  33 kB .png
 Logo da «Feciga»Logo «Feciga»
[1200*450 px — .png · 47 kB]
(cc) Feciga
 
 A cor con fondo de cor branca (1200*450 px)
2017 Imaxe  47 kB .png

 
 


Documentos con formato de estándar aberto, ao abeiro da (NTI) nos termos do RD 4/2010 do 8/01/2010.
Actualización: 18 de xuño de 2018

Contacto prensa

 

    Manuel P. BarbeitoManuel P. Barbeito
  Imaxe [55x55 mm — .png · 1'5 MB]        (cc) Feciga

 

formulario   Contacto

 



Cartapacio

 
 

Dossier


  [.pdf · 9'2 MB]

 

Navegación
 

Apoios

 

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0. • Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»