O noso traballo
Xestión coas distribuidoras | Organización de proxeccións para outras entidades |
Con ou sen a xestión das proxeccións, a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» ofrece os seus servizos de xestión coas empresas distribuidoras existentes no Estado, de xeito eficiente e económico. O servizo é «a prezo de custo» para os cineclubes pertencentes á «Feciga». |
A «Feciga» dispón de equipamentos portátiles para proxección nos formatos de 16mm, 35mm e DVD, e ofrece os seus servizos para organizar, programar e proxectar filmes, a todo tipo de entidades asociativas. Consúltenos sen compromiso, facéndonos saber que é o que precisa. |
Ciclos cinematográficos | Mediateca |
Organizamos e coordinamos os programas da maior parte dos cineclubes asociados, financiando unha boa parte dos custos de aluguer dos filmes. Na «Semana do Cinema» organizada polos cineclubes, contan coa nosa colaboración e apoio financieiro. Moitas desas «Semanas», propician un sitio de encontro para o debate, na meirande parte das ocasións, participan senlleiras personalidades vencelladas aos medios audiovisuais. |
Dispoñemos dunha ampla colección de libros, manuais, revistas, monografías, catálogos… etc. sobre cinema, así como un depósito de filmes, en 16mm, VHS e DVD, cunha especial preocupación por recompilar a produción galega dos últimos anos, máis tamén, aberta a recoller calquera outra filmografía. Ao igual que os volumes da biblioteca, a filmoteca está a disposición dos cineclubes pertencentes á «Feciga» por medio dun servizo de préstamo. |
Asesoramento
Se desexa crear un Cineclube, ou ben, obter información sobre os dereitos de exhibición pública de filmes, pregamos se poña en contacto connosco e intentaremos axúdalo/a.
.jpg)
«Cine baixo as estrelas» na praza San Martiño en Ourense.
Imaxe: Martiño Pinal (La Región)
.jpg)
«Semana do Cinema» organizada polo cineclube Os Papeiros.
Imaxe: Roi Fernández (La Voz de Galicia)
Apoio
Os cineclubes, como mínimo, son óptimos programadores de cine e moitos deles formadores, creadores e difusores doutras artes como a fotografía, a música e a literatura.
Todo isto grazas ao traballo incesante de persoas que, ademais da súa vida profesional, adican moitas horas do seu tempo libre, organizando actividades que cren ser o mellor xeito de desenvolver culturalmente a localidade ou rexión onde se atopan, amosando outros mundos.
Inxenuamente pensamos que é posible, teimamos cavilar que é posible. Neste momento vivimos con está posibilidade, conscientemente medramos con esa posibilidade.
Admirablemente acadamos , un tempo de actitude desinteresada e na que todos os cineclubes fan o camiño.
A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» é unha asociación cultural sen ánimo de lucro, polo que os cartos que percibe son para apoiar unicamente o cineclubismo galego e ademais tratamos de ofrecerche uns servizos, a prezo de custe ou de balde incluso.
Se paréceche unha boa iniciativa o noso traballo, agradecémosche bótesnos unha man de xeito altruísta, colaborando no traballo que desenvolve o cineclube da túa bisbarra ou ben, economicamente cunha pequena doazón (2 €) por medio de Flattr.
No derradeiro ano, recibimos apoio económico para desenvolver o noso traballo, por parte da Xunta de Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).