Sobre a «Feciga»

«Feciga» é a abreviatura da Federación de Cineclubes de Galicia.

Que é a «Feciga» ou Federación de Cineclubes de Galicia?

É unha asociación sociocultural independente e sen ánimo de lucro, constituída o 8 de xullo de 1984 e que, con carácter de Federación, agrupa á práctica totalidade dos cineclubes existentes no noso país, que actúa como xestora destes, e ademais, como prestadora de servizos de asesoramento e organización de proxectos a entidades oficiais e privadas; programas de proxeccións, talleres de cine, mesas de debate relacionadas co cinema, etc.

 

Breve historia da Federación

Durante a década dos setenta producíronse varios intentos de constituír unha Federación dos Cineclubes de Galicia. O máis relevante foi en 1977 cos cineclubes «» (Ourense), e «» (Lugo), entre outros. Foi en 1983 cando, nas «IX Semán de Cine do Carballiño» (I ), se acordou poñer as bases da asociación, que se constituíu en xullo de 1984 na «I Semana de Cine de Vilagarcía» como Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga), co obxectivo de dinamizar o cineclubismo galego.

A primeira xunta reitora estivo composta por Sexismundo Bobillo Morgade, Ana Fernández, Miguel Anxo Fernández, Luis Rodríguez Taus, X. M. Rodríguez, Anxo Santomil e Marcos Valcárcel López.

Os cineclubes de (Vilagarcía, Pontevedra), Barbanza (Boiro, A Coruña), (Cangas, Pontevedra), (O Carballiño, Ourense), Carballo (Carballo, A Coruña), Os Chaos (Amoeiro, Ourense), Galiñeiro (Verín, Ourense), «» (O Barco, Ourense), «» (Ourense), (Pontevedra), Toma 3 (Xinzo de Limia, Ourense) e «» (Lugo), compoñían na súa primeira andaina a Federación de Cineclubes en Galicia.

Desde entón, a «Feciga» formalizou acordos cos cineclubes de Portugal, como a creación da Comisión Luso-Galaica de Cooperación Cinematográfica e Cineclubista, e desenvolveu, entre outras actividades, os ciclos Clásicos do cine americano (1984), Clásicos do cine europeo (1985), ciclo grandes obras do cine (1987), Vive cine Galego (1988, 1989 e 1990), e organizou varias edicións do certame de escritos sobre a historia da Galicia cinematográfica (desde 1986) e un Curso de Cine de Animación (1989).

A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» pertence á Confederación de Cineclubes do Estado Español e á Fédération Internationale des Ciné-Clubs (FICC). Como membro desta última ten participado na configuración de xurados do , que se outorga en diversos festivais internacionais, como , ou .

 

Como pertencer á Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»?

Un cineclube constituído legalmente como asociación pode solicitar a súa incorporación á Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga) cun escrito, ao que adxunte unha copia dos seus estatutos e do seu NIF. Na seguinte asemblea xeral da «Feciga» se decidirá, senón houbese ningún impedimento na súa contra, a integración da entidade como cineclube federado.

Durante un ano non poderá optar ás axudas ofrecidas pola «Feciga» para a organización de ciclos e semanas de cinema; Non obstante, a asemblea poderá conceder unha cantidade en concepto de axuda por inicio de actividade, se así o considera. Unha vez transcorrido ese tempo, contará en igualdade de condicións a ditas axudas.

A «Feciga» será a encargada da contratación ás distribuidoras dos filmes obxecto da axuda, e cada cineclube beneficiario desta deberá satisfacer a cantidade correspondente a eses gastos (aluguer, transporte, …etc.); a cantidade que deberá pagar levará xa descontado o importe da axuda da «Feciga» correspondente á porcentaxe acordada en asemblea para todos os membros.

Logo anterior deseño

Datos básicos

  • Fundación:
    8 de xullo de 1984

  • Cineclubes asociados: 21

  • Pantallas:
    9 (Memoria 2010)

  • Mediateca:
    801 titulos

 

Apoios

 

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0. • Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»