Preguntas e respostas [P&R]

Sobre a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»

  • Cal é o tramite para asociarse á «Feciga»?

    Primeiro debes estar legalmente constituído como cineclube e despois é tan sinxelo como solicitalo, e achegar para elo, unha acta do acordo da vosa asociación para formar parte da «Feciga» ademáis dunha copia dos vosos estatutos e do NIF. Na seguinte asemblea xeral decídese a vosa incorporación senón houbese ningún impedimento en contra.
     
  • Cal é o custo de ser asociado á «Feciga»?

    Non está contemplado nin cota de acceso nin de mantemento anual, polo que neste intre é de balde.
     
  • Canto custa a xestión da «Feciga» aos cineclubes asociados?

    A xestión é de balde.
     
  • …E canto lle custa dita xestión ás entidades e cineclubes non asociados?

    Ao ser unha entidade sen ánimo de lucro, só os gastos incorridos. Se o servizo é para unha entidade lucrativa, pódese aplicar un recargo proveniente do rateo dos gastos xerais de mantemento e os impostos correspondentes.
     
  • Cales son os dereitos e obrigas ao pertencer á «Feciga»?

    Os dereitos dos socios e as súas obrigas, están recollidos con detalle no capítulo IV dos estatutos actualmente en vigor da «Feciga».
    Sobre as axudas ofrecidas pola «Feciga» para a organización de ciclos e semanas de cinema, aínda que o primeiro ano non podes optar a elas, porén a asemblea xeral pode conceder unha cantidade en concepto de axuda por inicio de actividade.
     
  • Pode a «Feciga» ceder filmes para a súa proxección?

    Si. Dispoñemos dunha ampla mediateca a disposición dos cineclubes asociados, por medio dun servizo de comodato ou empréstito.
     
  • …Entón ao pertencer á «Feciga», só podemos programar os filmes que nos ceden?

    Non, en absoluto; a programación atinxe ao cineclube e polo tanto sodes ceibes de amosar os filmes que creades conveniente.
     

A constitución dun cineclube e o seu funcionamento…

  • Que é preciso para pór en funcionamento un cineclube?

    Dispor dun local axeitado para a proxección, que podes procurar a súa cesión (ou aluguer), evidentemente medios técnicos para proxectar e humanos, para levar a cabo as actividades; o mínimo que che esixe a lei son ao menos tres persoas (o/a presidente/a, o/a secretario/a e o/a tesoureiro/a). Velaquí tedes unhas pautas e documentación precisa para a constitución legal do cineclube.
     
  • Que tipo de asociación é preciso para formar un cineclube?

    Unha asociación cultural sen ánimo de lucro, ao abeiro da vixente Lei Orgánica 1/2002 [.pdf · 74 kB] do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. Se desexas obter máis detalle de como facelo, consulta o apartado «Como constituir un cineclube» (na sección «») onde podes tamén atopar uns modelos cos documentos necesarios.
     
  • Pódese formar un cineclube dentro dunha asociación cultural xa constituída?

    Si, porén tes que solicitar a súa inscrición no rexistro oficial de cineclubes [.pdf · 1'93 MB] de Galicia, acompañando para elo, certificado do/da secretario/a da asociación cultural onde se faga constar a data do acordo de constitución do cineclube, os datos persoais das persoas que o van rexer e unha copia do seus estatutos. Transcorrido o prazo de 3 meses sen notificación expresa da resolución, entenderase estimada a solicitude de inscrición.
     
  • Podemos proxectar filmes de balde se atopamos achegas para amortizar os custos?

    Podes proxectar de balde, porén cremos que o éxito dunha programación ven pola súa constancia, polo que para manter a mesma, son necesarios uns ingresos. Pensamos que é bo manter uns prezos reducidos ou alternar proxeccións de balde ou con descontos.
     
  • Cal debe ser a cota para os socios e socias e para os non asociados/as?

    Aínda que a periodicidade e importe é competencia exclusiva do cineclube, che recomendamos establecer unha cota por acceso á proxección (ou entrada), deste xeito é doado de levar o control de asistencia para cada filme. A cota debe ser distintiva segundo se trate de socios ou non, pois pode ter unha fiscalidade diferente.
     
  • Que temos que ter en conta ao establecer unha cota de entrada para os filmes programados?

    É bo que teñas presente non só o custo de exhibición do filme (ver Cal é o custo de exhibición dun filme?), a publicidade se fas cartaces para promocionar o filme ou ciclo (moito mellor deste último xeito para optimizar dito recurso), o transporte, o aluguer da sala no seu caso, o custo do inmobilizado material (a súa amortización no caso de posuír en propiedade o equipo de proxección), as obrigas tributarias coa facenda estatal (IVE) na cota da acceso para socios/as, eludíbel no caso de ter solicitado previamente a súa exención, e ineludíbel no caso das cotas repercutidas aos non socios/as, tendo que presentar declaracións trimestralmente e un resumo anual; trátase de ratear todos os gastos incorridos, incluíndo os gastos xerais de mantemento ao longo dunha tempada, cos ingresos percibidos (recadación por cotas de socios, doazóns, subvencións, venda de produtos… etc).

    Loxicamente, no primeiro ano de establecemento, son estimacións; che recomendamos que fagas unha contabilización obxectiva e prudente e sempre que poidas, trates de maximizar os recursos de balde dos que poidas dispoñer, como a publicación nun blogue da vosa programación, espállala polas redes sociais; contactar con diferentes institutos da lingua ou embaixadas, para xestionar a cesión gratuíta dalgún dos seus filmes; amais debes saber que hai filmes que poidan estar ceibes de dereitos reservados, ben pola a súa caducidade ou por empregar outro tipo de licenzas.
     

Sobre a programación de actividades, proxeccións…

  • Cal é o custo de exhibición dun filme?

    Os filmes con dereitos reservados () varían segundo sexa a súa actualidade, aínda que a nosa política é non pagar máis de 100—180  para DVD, 200—240  en BD e os filmes en 35mm, pode ser até 300  por sesión. Non temos referencias en DCP porque aínda non hai ningún cineclube que proxecte con esa tecnoloxía.

    Ten en conta tamén, que existen outro tipo de licenzas para as proxeccións, como son o e o que non requiren dun pagamento por exhibición pública. Podes atopar algunhos filmes con este tipo de licenza/s e unha orientación xeral sobre os prezos de aluguer que manexamos, no catálogo da «Feciga».
     
  • Teño que pagar algunha cota ás sociedades de xestión de dereitos de autor?

    Non, ao satisfacer á distribuidora oficial para o noso país do filme con dereitos reservados, o aluguer polos pases acadados, xa leva consigo o pagamento aos autores.
    Se ademais o filme a proxectar ten licenza ou , en absoluto tes que pagar algo, así como no caso dos de dereitos, pola dos mesmos.
     
  • Podemos realizar proxeccións con filmes da nosa propiedade?

    Si, sempre e cando satisfagas, no caso de filmes con dereitos reservados, a licenza de exhibición pública á distribuidora que ostente a cesión de dereitos por parte da produtora, para o noso país.
     
  • Vulneramos algún tipo de normativa relativa á propiedade intelectual e dereitos de autor ao proxectar filmes orixinais en DVD?

    Non, sempre e cando satisfagas o pagamento da licenza por exhibición pública á distribuidora que ostente a cesión de dereitos (por parte da produtora) para o noso país, ou ben, se trate de filmes co tipo de licenzas reflectidas na cuestión sobre o custo de exhibición e respectes os termos previstos na licenza, como pode ser o recoñecemento da autoría, non facer obras derivadas, non obter beneficio comercial e compartir do mesmo xeito.
     

Ir cara arriba[Ir cara arriba]


Tes algunha dúbida?

Se desexas facernos algunha pregunta, por favor enche o seguinte formulario de contacto e expón a túa cuestión, che daremos unha resposta o máis axiña posible.

 

Apoios

 

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0. • Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»