Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»
A principios do curso 1970-71 naceu, como actividade cultural dentro da Escola de Maxisterio de Ourense, o cineclube «Padre Feijoo», herdeiro da tradición cineclubista da cidade que durante os sesenta foi representada polos cineclubes Ourense, Miño e Alianza Francesa (AFO).
Nos setenta, contribuíu ao xurdimento e desenvolvemento das «Xornadas de Cinema en Ourense», que pasaron en 1978 a denominarse «Xornadas de Cinema das Nacionalidades», abandeirando así o nacente cinema galego entre os das outras comunidades históricas do Estado.
Durante os oitenta, e xa definitivamente separado da escola de Maxisterio, o cineclube «Padre Feijoo» seguiu con ciclos como as «Mostras Cinematográficas» (oito edicións) ou, máis tarde, o titulado «Espazos Fílmicos» en colaboración co «cinema Dúplex». A isto hai que engadir a organización de cursos de formación cinematográfica e conferencias, ciclos de cinema infantil, de humor, expresionismo alemán, cinema francés…, e a edición de folletos e catálogos en galego (practicamente dende a súa fundación).
Logo de ser unha referencia cultural na ditadura e a transición, e de sucumbir no seu día ás presións do sector máis retrógrado da sociedade, até o punto de acabar sendo unha entidade marxinal; os xestores do cineclube souberon revitalizar este foro que é fundamental na nosa cultura moderna, e aglutinar aos amantes da cinematografía ao redor de filmes que non acostuman a chegar ás nosas salas de proxección.
Pezas fundamentais do sétimo arte que de non ser polo tesón e interese cultural amosado polo cineclube, non serían accesibles aos ourensáns.
As proxeccións do cineclube «Padre Feijoo» teñen pasado por multitude de salas durante estos anos, desde cinemas comerciais, até salóns de actos públicos (como o teatro Principal) ou privados.
Coa inauguración a finais dos setenta da casa da Cultura, o seu salón de actos foi acondicionado mediante a instalación de dous vellos proxectores de 35mm, que seguiron en funcionamento até o ano 2004. Desde ese ano utilizaron as salas comerciais do cinema Dúplex —agora xa pechado— e do «Cinebox» até outubro do 2013, data na que acadaron voltar á casa da cultura (sede da Biblioteca Pública até o ano 2019), arranxando e actualizando cos seus escasos medios económicos o equipamento do salón de actos.
Grazas a un convenio de colaboración co CGAI, a oferta fílmica do organismo (radicado na Coruña) proxéctase desde a tempada 2014 na cidade das Burgas.
O Padre Feijoo é un dos cineclubes máis activos e antigos de Galicia. Aínda sen local propio, mantén unha ampla actividade, non é estraño pois que no ano 2010 obtivese o «premio Morogo», outorgado polo Café Isaac
" …por demostrar con constancia e poucos recursos económicos, que cando a proposta cultural ten calidade, os ourensáns respostan facendo honra ao vello apelativo de que esta é a Atenas de Galicia…"
A resposta dos cidadáns é a súa asistencia, unha das máis altas do estado.
Últimas noticias do cineclube
Padre Feijoo
cineclubepf.eu
ir.gl/pad
O enderezo do correo electrónico amósase de dereita cara á esquerda, unha técnica para evitar que os robots rastrexen e recolleiten o enderezo do correo, deste xeito intentamos protexernos do SPAM. Preme neste ligazón para ver o enderezo correctamente moc.liamg@fpebulcenic
+(34) 988 235 498
- Casa da Cultura
rúa Concello 11
32003 Ourense
Mércores: 18 · 20:30 · 23 h
Sesións eventuais…
Martes: 19:30 h.
Xoves: 20:30 h.
Sábado: 17 h.
Luns: 2'5 € xeral — 2 € *
Mércores: 5 € xeral — 4 € *
*Cota reducida para socios/as; a cota do mércores redúcese 1 € na mesma semana de asistencia e pagamento da sesión do luns.
(Horarios CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na túa axenda…
VCard · QR [.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»