Catálogo de Filmes · «Feciga»
Imaxe ou vídeo, ficha artística e técnica | Sinopse, bio, premios, mencións e valoracións |
---|---|
«Ante la Araña» (Ante a Araña) |
|
Tráiler: Vimeo [.mp4 • 5'8 Mb] (cc) BY-NC-SA 3.0 2011 Marc Nadal Ficha artística: Dirección e guión: Marc Nadal Fotografía: Marc Nadal Intérpretes: Montserrat Ocaña e Rosa Nicolás. Ficha técnica: Título orixinal: Ante la Araña Xénero: Drama Duración: 15 min. Orixe/Nacionalidade: Catalunya, España Ano: 2011 Idioma: Castelán Produtor: Marc Nadal Formato: DVD e descarga directa (PAL 4/3) |
Sinopse: O pequeno Centauro díxolle a Carolina que antes de chegar ao monte da Paz debía atravesar o labirinto das arañas. Un lugar pequeno pero cheo de corredores ao final dos cales moraba unha araña, agás un que o conducía cara a saída. Biografía: Estudante de cine nado en Barcelona en 1989, principia a dirixir no 2008, tendo un total de vinte curtametraxes dirixidos e sete proxectos nos que colaborou. Premios e mencións: Finalista na sección oficial «Made in Barcelona» do festival BccN (2012); sección oficial do Festival Internacional de Curtametraxes Vagón (México, 2012); selección oficial da IV edición do Festival Internacional Pilas en Curta (Pilas, Sevilla 2012); sección oficial do Festival «Daroca & Prision Film Fest» (Daroca, Zaragoza 2012)…. Valoracións:
|
Aluguer: A «Feciga» actúa como mera intermediaria e non recibe ningún tipo de contraprestación económica por dito servizo. Este filme ten licenza Creative Commons (cc) BY-NC-SA 3.0, polo que debes mencionar na convocatoria da proxección a autoría da obra, non podes obter beneficio comercial e debes compartir a gravación do mesmo xeito. |
|
|
|
Galiza Emerxente |
|
Tráiler: You Tube [.mp4 • 37'5 Mb] © 2012 Fundación Vicente Risco Ficha artística: Dirección e guión: Luís Martínez Risco-Daviña, María Concepción Pérez Rodríguez, Alba Prol Cid e Elena R. Feijoó Música: Guadi Galego Intérpretes: André Arzúa, María Estévez Forneiro, Guadi Galego, Mónica Guillán, José Luis Mateo García, Rubén Riós e Moisés Sanromán Valtierra. Ficha técnica: Título orixinal: Galiza Emerxente Xénero: Documental Duración: 37 min. Orixe/Nacionalidade: Galicia, España Ano: 2012 Idioma: Galego Produtora: Fundación Vicente Risco Formato: DVD (HD 16:9) |
Sinopse: «Galiza Emerxente» tenta transmitirlles ás novas xeracións, que en Galiza, tamén é posíbel un pleno desenvolvemento profesional. Sete visións persoais: André Arzúa (restaurador), María Estévez (empresaria), Guadi Galego (cantante e compositora), Mónica Guillán (deseñadora), José Luis Mateo (enólogo), Rubén Riós (produtor e actor) e Moisés Sanromán (distribuidor), coinciden en resaltar o feito de que o progreso pasa por vencellar a tradición e modernidade para aproveitar o enorme potencial desta terra. Biografía: Luis Martínez-Risco Daviña (Santiago de Compostela, 1959) ensaísta e historiador galego, doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Compostela (USC) en 1992. María Concepción Pérez Rodríguez é licenciada en xornalismo e fotógrafa afecionada. Alba Prol Cid compaxina a docencia en comunicación e audiovisual con traballos de operadora de cámara (Zenit TV), directora, guionista ou axudante de producción. Elena Rodríguez Feijoó é xornalista, especializada en electrónica e multimedia. Premios e mencións: Valoracións:
|
Aluguer: A «Feciga» actúa como mera intermediaria e non recibe ningún tipo de contraprestación económica por dito servizo. | |
Depósito legal OU 141/2012 |
|
Isaac |
|
Tráiler: You Tube [.mp4 • 33'6 Mb] © 2007 EAF producións e TVG Ficha artística: Dirección: Xosé Abad Guionista: Carlos Vázquez Música: Benedicto e Bibiano, Dios Ke Te Crew, Doa e Milladoiro Fotografía: Antonio Vales Intérpretes: Isaac Díaz Pardo. Colaboracións de: Xesús Alonso Montero, Carmen Arias De Castro —Mimina—, Daniel Beiras, Carlos Etchevarría, Andrés Fernández—Albalat, Benedicto García, Emilio Pérez Touriño, Rafael Pillado, Avelino Pousa Antelo, Manuel Rivas e Ramón Villares. Ficha técnica: Título orixinal: Isaac Xénero: Documental Duración: 55 min. Orixe/Nacionalidade: Galicia, España Ano: 2007 Idioma: Galego (subtítulos: ESP) Produtora: EAF producións e TVG Formato: DVD |
Sinopse: Documento único onde se conta o pensamento e os sentimentos de Isaac Díaz Pardo sobre unha boa parte da vida que lle tocou vivir. Co sentido do humor e a clarividencia que lle foron propias ao persoeiro galego máis relevante e fértil do todo o século XX e principio do XXI. Biografía: Xosé Abad Vidal (Figueres, Xirona 1956) Autodidacta de formación, principia a súa andaina profesional en 1979 como fotógrafo profesional, desevolvendo nun principio tres actividades: o xornalismo, traballando con diversas axencias e medios de comunicación; a fotografía artística, con traballos e exposicións individuais (Outono Fotográfico, 2009); e a fotografía publicitaria, que ocupa a meirande parte da súa produción. Na III edición dos Mestre Mateo obtén o premio á «mellor produción de publicidade» dese ano (2004). No eido audiovisual, participou en «Urxa» durante dous meses como foto-fixa (unha das primeiras longametraxes do cine galego contemporáneo), a realización de diversos programas para a televisión, combinando, na actualidade, a súa faceta artística co traballo desenvolto coa súa produtora EAF. Premios e mencións: I Muestra Internacional de Cine Cerámico «MICICE» (Castelló, 2011); sección temática «Retratos de cinema» na XIII edición do Festival de Cinema Internacional de Ourense «OUFF» (Ourense, 2008); dúas nominacións na VI edición dos Mestre Mateo (Galicia, 2008); III edición do Festival Internacional de Cinema de Reus «Memorimage» (Reus, Tarragona 2008). Valoracións: |
Aluguer: A «Feciga» actúa como mera intermediaria e non recibe ningún tipo de contraprestación económica por dito servizo. O prezo sinalado pode ser negociado en función dos pases. | |
|
|
«Manuel y Elisa» (Manuel i Elisa) |
|
![]() Foto: Manuel Fernández-Valdés © 2007 Ficha artística: Dirección: Manuel Fernández-Valdés Fotografía: Manuel Fernández-Valdés Intérpretes: Manuel Rodríz "O trinta" e Elisa Flores. Ficha técnica: Título orixinal: Manuel y Elisa Xénero: Documental Duración: 77 min. Orixe/Nacionalidade: Galicia, España Ano: 2007 Idioma: Galego (Subt.: ESP · ING) Produtora: Tic Tac Producións Formato: DVD |
Sinopse: Despois de 53 anos casados, Manuel Rodríguez i Elisa Flores siguen a vivir no lugar onde naceron, no Rosal, unha pequena poboación rural de Galicia, na fronteira norte entre España e Portugal. «Manuel y Elisa» é un documental sobre as sús fazañas cotiás; unha historia de amor sen caricias e de convivencia sen palabras. Biografía: Manuel Fernández-Valdés (Pontevedra, 1979) é fotógrafo de profesión e éste é o seu primeiro traballo como documentalista. Premios e mencións: Premio ex aequo mellor documental galego no «Play-Doc» 2009 Valoracións: |
Aluguer: A «Feciga» actúa como mera intermediaria e non recibe ningún tipo de contraprestación económica por dito servizo. O prezo sinalado pode ser negociado en función dos pases. | |
|
|
Mercado de Futuros |
|
Tráiler: Vimeo [.mp4 • 34'9 Mb] © 2011 IB Cinema | Leve Productora Ficha artística: Dirección: Mercedes Álvarez Guionistas: Arturo Redín, Mercedes Álvarez Música: Sergio Moure Fotografía: Alberto Rodríguez Ficha técnica: Título orixinal: Mercado de Futuros Titulo versión internacional: Futures Market Xénero: Documental Duración: 113 min. Orixe/Nacionalidade: Galicia, Catalunya, España Ano: 2011 Idioma: Castelán (Subt.: CAT · ING) Produtoras: IB Cinema e Leve Formato: DVD |
Sinopse: O desaloxo dunha casa, baleira de toda a súa memoria, uns axentes de bolsa, un congreso sobre liderado empresarial, un vendedor do rastro que se resiste a vender, a cidade enteira como espazo virtual dunha feira inmobiliaria. A cámara asómase a estes espazos e personaxes mentres tenta debuxar algúns trazos do novo aspecto do mundo. E de fondo queda unha pregunta: no futuro, será necesaria a memoria?. Biografía: Mercedes Álvarez De la Mata (Aldealseñor, 1966) comezou a súa andaina de cineasta no eido do documental en 1997 coa curtametraxe «El Viento Africano». Traballou como editora no documental En Construcción de José Luis Guerín. No 2005 rodou na súa localidade de orixe, a súa primeira longametraxe El Cielo Gira onde acadou o recoñecemento unánime da crítica e numerosos premios internacionais, como o Tiger Award 2005 no «International Film Festival Rotterdam», o gran premio de «Cinéma du Réel Grand Prize» (París 2005), «Infinity - Alba International Film Festival» (Alba, Italia), o FIPRESCI e o premio do público e o do mellor filme no VII BAFICI (Bos Aires, Arxentina 2005). Premios e mencións: Premio «Regard Neuf» (Olladas Novas) no XVII Festival Visions du Réel (Nyon, Suiza 2011); mención especial do xurado no XIII edición dos BAFICI en Bos Aires; Sevilla Festival de Cine Europeo (sección oficial) e «L'Alternativa 18è Festival de Cinema Independent» (Barcelona 2011) (sección oficial) Valoracións: |
Aluguer: A «Feciga» actúa como mera intermediaria e non recibe ningún tipo de contraprestación económica por dito servizo. O prezo sinalado pode ser negociado en función dos pases. | |
ISAN 0000-0002-FEDB-0000-I-0000-0000-K |
|
1 · 2 · 3 · 4 · 5 · 6 · 7 · 8 · 9 · 10 | > |