Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»
O cineclube Os Papeiros desenvolve en Chantada desde fai anos, a súa actividade máis senlleira, a «Semana de Cinema». A súa peculiaridade, ao non dispor dun local axeitado, é que as súas proxeccións teñen que ser ao ar libre "aínda que chova", por ese motivo —ainda que eso non sexa unha garantía de bo tempo— concentran as súas actividades no mes de agosto, antes das festas patronais da vila.
O ciclo fórmano cinematografías especialmente comprometidas socialmente e co medio ambiente. Deste xeito, non é tan singular que o cineclube outorgue anualmente os «Lobo de Cinema» en colaboración coa asociación Xevale, onde se pretende destacar aquelas producións audiovisuais galegas ou portuguesas que defendan o medio ambiente.
Malia non ser en formato 35mm como a «Semana de cinema», senón en DVD porén cun excelente proxector, levan tamén edicións da «Semana Curta», na que moitas das veces, son os propios directores os que presentan os seus traballos.
O proxecto «Cinemateca Mamasunción» consiste na adquisición e a súa cesión —de balde—, de fondos cinematográficos de distintos países aos centros educativos, culturais e público en xeral.
O cineclube dispón dunha «Cinemateca con Rodas», un carriño adquirido en Alemaña, arrastrado por unha bicicleta, que percorre as rúas e instálase en distintos lugares cargado con 100 DVD de cinema africano, asiático, latinoamericano… etc, que a xente pode ver na súa casa. Os préstamos desta «Cineteca» son de balde e pódense devolver na Casa da Cultura de Chantada. A media é duns 150 préstamos ao ano, dos máis de 400 títulos dos que se compón a cinemateca.
Ademais de organizar «Cinemateca Aberta na Praza», «Curtas á Carta» na Casa da Xuventude, «Café Cinema» e «Cinema e Pintura», tamén fan obradoiros de cinema para nenos, contacontos así como diversas exposicións.
No ano 2014, nunha decidida aposta polo cinema no rural, poñen en marcha o «Cinema Palleiriso» co pretexto de dinamizar culturalmente á aldea de Garabelos (onde se asenta) por medio da montaxe nun vello palleiro dun cinema ao xeito antigo; aproveitando a efeméride da inauguración, celebrouse un «Encontro de Cineclubes» co gallo do 30 aniversario da «Feciga».
Últimas noticias do cineclube
Os Papeiros
cineclubeospapeiros.blogspot.com
ir.gl/pap
O enderezo do correo electrónico amósase de dereita cara á esquerda, unha técnica para evitar que os robots rastrexen e recolleiten o enderezo do correo, deste xeito intentamos protexernos do SPAM. Preme neste ligazón para ver o enderezo correctamente moc.liamg@soriepapsoebulcenic
+(34) 648 075 831
- Praza do Cantón(Anteriormente Pz. España)
27500 Chantada LugoCinema PalleirisoLg. Garabelos
27518 San Martiño de Mariz Lugo
De M—V: 18 h.
De balde.
En agosto, na semana de cinema
(Horarios CEST)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na túa axenda…
VCard · QR [.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»