Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»

O cineclube Ádega foi fundado en 1976 e comezou proxectando no auditorio da «Caixa de Aforros Municipal de Vigo» todos os venres; así até o ano 1988, cando comezaron a facelo nos multicines «Gran Arosa», alugando unha sala para proxectar 2 ou 3 fitas ao mes.
Un ou dous filmes eran de actualidade cinematográfica e outro filme era sobre a «Historia do Cinema», ambos ciclos contaban coa subvención da «Feciga» e da Concellería de Cultura do concello de Vilagarcía, respectivamente.
No 2004, grazas á xestión da directiva e do Concello de Vilagarcía, acadan un local no «Centro Social» de Vilagarcía.
No 2005, coa renovación da xunta directiva, levouse a cabo unha gran campaña de publicidade para conquerir a afiliación de novos socios e socias.
No 2008 deixaron de proxectar nos multicines «Gran Arosa» e comezaron unha nova etapa, ao programar en formato DVD, no Auditorio de Vilagarcía; isto permitiulles aforrar o custo de aluguer da sala e ter un horario de proxección máis axeitado ás necesidades dos/das socios/as.
Despois dun lapso de inactividade de sete anos, en maio do 2015 empeza unha nova xeira protagonizada por un grupo de mozos encarreirados por Fernando López, que tenta dar un novo pulo á historia deste cineclube, fundamental na historia da «Feciga» e da comarca do Salnés.
Salientar moi especialmente, entre todas as actividades desenvoltas polo cineclube, edicións das «Semanas de Cinema» (do mes de agosto), pola excelente acollida entre os visitantes estivais da vila Arousana.
Últimas noticias do cineclube
Ádega




- Casa da Cultura, salón GarcíaAv. Alcalde Rey Daviña 14
36600 Vilagarcía Pontevedra


Cota anual, semestral ou trimestral: 60, 30 e 15 € respectivamente; (inclúese ao/s fillos/as do/a socio/a menores de 18 anos).
* Primeiro e último do mes
(Horario CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na tú axenda…
VCard ·
QR
[.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»