Os Cineclubes en Galicia

Máis de cincoenta anos de historia, de historia mal coñecida, pero de historia indispensable para coñecer o desenvolvemento da cultura cinematográfica no noso país. Pois foron os cineclubes os principais promotores da mesma, máis ainda nos tempos en que a exhibición comercial estaba (e ségueo a estar) chea de vulgaridade, e a censura política facía imposible a visión de moitos filmes polos canles comerciais.

No ámbito dos cineclubes, o cinema convértese en elemento de debate, estudo crítico, e nel vanse forxar os espectadores receptivos e críticos co feito cinematográfico.
Ainda a pesares dos atrancos de todo tipo (económicos, de infraestruturas materiais, administrativas… etc.), lograron que o noso panorama cultural actual non sexa un territorio desértico.

 

Liña temporal dos cineclubes en Galicia
1954  O 13 de xuño de 1954 comezaron as actividades do cineclube Pontevedra.
   
1961  O 5 de novembro de 1961 constítuese o cineclube do SEU de Santiago (ainda que mudou varias veces de nome) da man de Ezequiel Méndez Vidal; a súa primeira proxección foi a fita de Alberto Lattuada «» (O alcalde, o escribano e o seu abrigo). Chegou a contar cun millar de socios/as sendo o máis importante daquela no estado español. Desapareceu en 1975.
   
1966  Constítuese o 18 de febreiro de 1966 o cineclube Valle-Inclán.
   
1969 Nace o cineclube Carballiño co obxectivo inicial de promover a cultura cinematográfica na bisbarra do Arenteiro.
   
1970 A principios do curso 1970-71 naceu, como actividade cultural dentro da Escola de Maxisterio de Ourense, o cineclube «Padre Feijoo», herdeiro da tradición cineclubista da cidade que durante os sesenta foi representada polos cineclubes Ourense, Miño e Alianza Francesa (AFO).
   
1974 Na vila de Celanova, ponse en funcionamento o cineclube Solpor da man dos irmáns Manuel e Cesáreo Iglesias Grande, que 2 anos antes crearan un clube xuvenil co mesmo nome, organizando durante máis dunha década a «Semana de Cinema» no verán. A última actividade do cineclube aconteceu no ano 1989.
   
1976 Fundase o cineclube Ádega. Da súa importancia fala o feito de ter sido en Vilagarcía onde se fundou a Federación de Cineclubes de Galicia no ano 1984.
   
1977 Comezan as actividades cinematográficas do cineclube Cangas.
   
1979 En Vigo, nace a , que nos seus primeiros anos de actividade foron capaces de organizar —ainda que de efémera vida— un cineclube e proxectar filmes en versión orixinal. As proxeccións matutinas dos sábados deron lugar ás primeiras «Xornadas de Cine Galego en Vigo» en 1980, paradóxicamente no ano do referendo do «Estatuto de Autonomía» e na que se produce o derradeiro filme de cine galego da década. Ca publicación en maio dese ano da «Escolma do Cine Galego», unha revisión crítica sobre o noso cine, pecharon definitivamente unha etapa.
   
1980 O cineclube «Groucho Marx» principia a súa andaina a principios deste ano.
   
1982 Crease en Compostela o cineclube Carlos Varela Veiga, en memoria do (e presidente do cineclube Valle-Inclán); (fundador do cineclube de Compostela) recolleu parte das súas gravacións e dirixiu CCCV (2005). A entidade se mantería en activo até o ano 1987.
   
1984 Da man do mestre Xesús Rodríguez Carracedo crease o cineclube Carballo, que conformaría xunto Frutos Fernández González, Antonio García Losada, María Jesús Sales Illán, Ramón Tasende Pombo, Xosé Manuel Facal Díaz (o cal formaría parte tamén da xunta reitora da «Feciga»), Jaime Díaz Alonso, José Antonio Díaz Alonso, José Antonio Deus Vázquez, María Elisa Santamarina Fernández e Mari Carmen Vila Añón nos principais (entre outros/as) dinamizadores culturais da vila co mesmo nome da asociación, perante 10 anos; actividades como o maratón no nadal ou a semana de cinema, coa presenza de actores e actrices do cinema galego e español, destacando a presentación de polo filme «» de . Proxectaban semanalmente os venres, na sala Rega até a súa disolución en setembro de 1995.
   
1989 No ano 1989, e como reacción á carencia de cine na vila de Boiro, naceu o cineclube Barbanza. A súa programación artellouse en torno a filmes en versión orixinal e títulos con certa sona pero escollidos con criterios de calidade. Proxectaban un filme cada quince días.
   
1992 Nace o cineclube O Castelo. As primeiras proxeccións fixéronse en formato 16mm na Casa da Cultura, cedida polo Concello de Allariz. A partires de outubro de 1992 comezou a facelo en formato 35mm cunha periodicidade quincenal, os venres, e cun paréntese de descanso durante os meses de xuño a outubro. A súa actividade subsistiu durante case unha década.
   
1993 Xermina en Chantada o cineclube Os Papeiros, onde a primeira actividade máis salientable que organiza, entre outras, é a «I Semana de Cinema» (cinema ao ar libre en 35mm). En xuño de 2014 na aldea de Garabelos, o «cinema Palleiriso», unha aposta polo cinema no rural.
    ‐     En Vigo, crease o cineclube «Lumière» por un grupo de persoas de diferentes profesións co fin de incorporar á cidade outra canle cultural, outro xeito de ver o cinema. O nacemento do «Lumière» supuxo recuperar para a cidade olívica unha actividade que non tiña continuidade dende o ano 1982, data na que desapareceu o último dos cineclubes vigueses dos anos setenta.
   
1994 En Redondela principia a súa andaina o cineclube Claqueta, para contrarrestar a carencia dunha sala de cinema na bisbarra. Nos primeiros anos, as proxeccións realizábanse en formato 16mm, máis a limitada oferta de filmes neste formato e o mal estado de moitas das fitas foron determinantes para que a partires do ano 1996 as proxeccións do cineclube pasasen a se realizar en 35mm. A posibilidade de utilizar o proxector da «Feciga» foi determinante na mudanza de formato.
Desde a súa creación, o cineclube contou co apoio do Concello de Redondela, que cedía a sala de proxeccións (Multiusos da Xunqueira) e subvencionaba parte da súa programación. O ano 2000 supuxo un pulo na actividade do cineclube, cunha programación estable, de media, un par de filmes ao mes.
   
1995 En Burela xurdiu, da man de Vicente Sempere Sempere e Alfredo Llano García, o cineclube Os Matos que acada espertar a afección de moitos mariñáns polo mundo do celuloide. A súa presentación foi co filme «Cielo Negro» (Ceo Negro) do director galego Manuel Mur Oti, contando para a ocasión coa única copia en poder da Filmoteca Nacional. A iniciativa vai esmorecendo co peche da sala Mon (2002). Despedíronse en xuño 2004, na «Casa da Cultura de Burela», cunha proxección de curtametraxes galegas.
   
1996 En Sarria, xurdiu a idea de crear o cineclube «La Unión» no seo da sociedade do mesmo nome, como motor da actividade cultural e recreativa sarriana. Malia que só funcionou 2 anos, estaba en proxecto a súa recuperación (2011). Programaban unha vez ao mes no cine Cissa e no salón da sociedade, ademáis de organizar exposicións de fotos e ciclos diversos. Durante estes dous anos de funcionamento acadarón a participación de , quen naquel momento rodaba en Sarria o filme «» (Aos que Aman), nunha tertulia que seguiu á proxección de «» (Cousas que Nunca che Dixen).
   
1997 No mes de maio, en Moaña, creouse o cineclube Alexandre Cribeiro grazas ás inquedanzas dun grupo de mozos e mozas da localidade preocupados pola situación de decadencia do cine na bisbarra do Morrazo. Naquel ano pechaba a única sala de cine de Cangas, e penúltima da bisbarra, seguindo o desastre cinematográfico que levou a deixar a vilas tan importantes como Marín e Bueu sen proxeccións.
En Moaña houbo que soportar a destrución do cine Prado e o peche temporal do cine Veiga.
Tendo xa o grupo humano organizado, e contando coa colaboración do propio cine Veiga, fíxose a presentación e a primeira proxección, que contou coa participación do escritor .
A proxección —coa entrada de balde— foi do filme «» (Cinema Paradiso), de .
Iniciou as proxeccións en 35mm, mais a mediados de 1998 viuse na obriga de mudar ao formato 16mm, por mor da morte do propietario do «Cine Veiga» e ao fin da actividade da sala. Para poder seguir cunha actividade regular, solicitaron ao Concello o uso do «Centro Cultural Daniel Castelao», e mercaron un proxector de 16mm, o que lles permitiu poder continuar coas proxeccións, aínda que con menor calidade.
En xullo de 2000 organizaron a «I Semana de Cine» baixo o título de «Clásicos do Cine Mudo»; ademáis doutras actividades, como unha conferencia a cargo do profesor Xosé Nogueira Otero, sobre «A historia do feito cinematográfico en Galicia».
    ‐     Neste ano, reúnense en Monforte de Lemos un grupo heteroxéneo de persoas na Casa da Cultura, a convocatoria é para constituir o cineclube A Calexa.
   
1998 O cineclube Poleiro foi creado en setembro de 1998. Comezou coa finalidade de servir como xerme da promoción cultural dentro da bisbarra do Baixo Miño, e propoñer nela puntos de encontro cultural, nuns momentos en que só o Cine Avenida da Guarda tiña unha programación estable durante as fins de semana.
   
1999 Grazas á arela dun grupo de obxectores de conciencia, emerxe o cineclube Bueu no Concello onde facían a súa prestación social.
   
2001 O 15 de abril do 2001 fica constituído o cineclube de Compostela, grazas ao empeño dun grupo de mozos/as universitarios/as, estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación.
    ‐     A inquedanza dun grupo de afeccionados ao cinema bota a andar o proxecto do clube de cine Cinematógrafo de Salceda de Caselas. Tiña como fins a promoción e a difusión da cultura cinematográfica, o que era importante nunha vila sen sala comercial; o achegamento do cine á sociedade dun xeito crítico e educativo, editando un pequeno folleto informativo referente á proxección que se realizaba; e o potenciamento do interese polo estudo e o goce do cine, aproximándoo ás xeracións máis novas. A sala de proxección, o proxector, o equipo de son e a pantalla eran achegados polo Concello de Salceda de Caselas e o Colexio Público Altamira. Por problemas de equipamento, no ano 2005 tiveron que deixar a súa actividade.
   
2002 Co obxectivo primeiro de ofrecer á comunidade universitaria de Vigo en primeiro termo, e por extensión ao resto da sociedade, O cineclube Universitario Kinema principiou a súa andaina como asociación dedicada á promoción da cultura cinematográfica; unha canle de achegamento á cultura cinematográfica nas súas distintas facetas e xeitos de expresión.
No ano 2003, as actividades iniciadas no ano anterior acadaron maior difusión na sociedade, cun crecemento nas cifras de asistencia ás proxeccións e as mostras de interese e apoio recibido. O cineclube contaba co apoio do Concello de Vigo e da Universidade de Vigo por medio da Vicerreitoría de Extensión Universitaria.
   
2004 Unha década despois de que o último cineclube redondelán iniciara o seu periplo, nace o cineclube Fantasio. Contou tamén coa colaboración das concellerías de Cultura e Participación Cidadá do Concello de Redondela. Realizaba as súas proxeccións no , e programaba un filme cada quince días, sempre en versión orixinal. Tamén facían proxeccións de cinema infantil no nadal. No ano 2007 cesou a súa actividade.
   
2006 En Verín, crease o cineclube «Nosferatu» promovido por Manuel Aián, antigo xerente da sala de cinema «Buenos Aires» que pechara dous anos antes, para paliar dalgún xeito a falta do sétimo arte na vila, localidade que en tempos pretéritos (1979) xa contara ca pasadía etapa do cineclube Cigarrón; inauguraron as súas proxeccións con e o seu filme antibelicista « (Sendeiros de Gloria), programando un filme na cada xoves até outubro de 2013 no que cesou a súa actividade.
   
2013 En Viveiro, agroma o cineclube Pensamento e Sementeira por parte da agrupación cultural do mesmo nome (PeS); a súa primeira proxección foi en xaneiro do 2014, un traballo de Seném Outeiro «A Fazaña da Liberdade», filme biográfico do intelectual galeguista .
   
2014 En Noia, xurde o cineclube Liceo promovido pola sociedade artística, cultural e recreativa do mesmo nome, actividade cinéfila que xa desenvolveran no seu pasado.
    ‐     A ausencia de oferta cinematográfica na comarca do Deza, propicia a xénese do cineclube «Dzine» cunha apelación realizada con éxito nas redes sociais, por parte do escultor Javier Iván Hita Rodríguez para a súa constitución; o compromiso por parte da cidadanía e o apoio de diferentes asociacións ficaba claro, perante a incuria política do consistorio lalinense. No ano 2017 cesaron a súa actividade.
   
2015 En Marín, eríxese o cineclube Ateneo vencellado á agrupación Santa Cecilia que o pon en funcionamento; por este medio e con moito esforzo tentarán por o cinema de todos os tempos, ademáis do actual, lonxe da dinámica que asoballa as pantallas comerciais.
    ‐     Nace o cineclube A Illa de Arousa por mor do pulo do cabido municipal nese intre, aproveitando a completa instalación dun equipo de proxección no seu auditorio, tentanto recobrar a memórabel actividade cinéfila realizada polo colectivo Dorna (ACDD) tres décadas atrás.
    ‐     Xurde en Viana do Bolo, o cineclube A Lanterna grazas á iniciativa dunha ducia de mozos e mozas do oriente ourensán, co obxectivo de aprender do cinema e que as súas propostas cinematográficas sexan capaces de xerar debate e sensibilización cos problemas que atinxen á sociedade.
   
2018 Na comarca de Vigo e Val Miñor, un par de grupiños de persoas poñen en marcha dous novos cineclubes, en Nigrán o Val Miñor «Alice Guy» co obxectivo de achegar e difundir a cultura cinematográfica na bisbarra miñorana. Contan coa cooperación do Concello e proxectan no seu auditorio o penúltimo xoves do mes.
En Vigo, o «Sunset Boulevard» especializado en cinema clásico.
   
2019 En Betanzos, vila onde acolleu o cinema máis antigo do estado, a sala Alfonsetti, a Asociación GCDX «Lar de Unta» bota a andar un cineclube que ten o mesmo nome que o colectivo patrocinador. O primeiro audiovisual en proxectarse foi o traballo de Xosé Antón Bocixa e Paco Gallego «Estruturas Pel_contra_pel» no seu , unha vella loxa do Marqués de Figueroa situada en pleno casco histórico, acondicionando unha das súas paredes a xeito de ciclorama. A súa programación pretende complementar a oferta que ofrece o Concello no Alfonsetti (de titularidade municipal), se cadra «máis comercial» por filmes de autor e producións que, comunmente, non se poden ollar nos cinemas.
    ‐     Rexurde en Allariz o cineclubismo coa nacenza do teleclube O Acomodador no espazo «BenComún».
    ‐     En Ferrolterra, aterra no barrio naronés do Alto do Castiñeiro o cineclube «Serie B» Cidade de Narón comandado por Alberto Pena, Benjamín Hermida e Anabel Varela.
A actividade cineclubista na bisbarra remóntanse aos anos 70, destacando o cineclube Concepción Arenal en Ferrol, despois «Sociedade Cinematográfica Ferrolán» precursora da segunda etapa ou refundación do .
   

 

Cronoloxía

 

timeline

 



Navegación
 

Apoios

 

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0. • Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»