Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»

O 28 de agosto de 1928 fúndase en Noia a Sociedade Artística, Cultural e Recreativa Liceo, xermolo do cineclube Liceo. Desde o principio a súa inquedanza foi programar filmes lonxe dos méritos nos que se desenvolve o cinema comercial, agás no suspenso da actividade desde os anos setenta, por mor dunha desavinza entre algúns socios, polo que eles entendían excesiva preferencia da súa programación polo cinema non comercial e de certo compromiso social ou político; até que en maio de 2014 no que acadan retomar a súa actividade.
A nova xeira comezou coa proxección de «Encallados» de Alfonso Zarauza o 2 de maio de 2014, ca presenza e posterior coloquio co seu director, o actor Ricardo de Barreiro e Antonio Mourelos, presidente (nesa data) da Academia Galega do Audiovisual.
Nese mesmo ano tamén solicitouse a incoporación do cineclube á «Feciga».
As súas intencións fican claras, proxectar sempre que se poida, filmes en versión orixinal (VO) ou en versión orixinal subtítulada ao castelán (VOSE), repoñendo filmes clásicos, sesións coa presenza do/a director/a ou calquera do cadro artístico ou técnico do filme proxectado e faladoiro, sobre todo nas produccións feitas no país ou con intervención galega.
Teiman en completar a oferta cinematográfica, para amantes do cinema, coa organización de cursos e obradoiros de formación cinematográfica, a difusión da creación cultural galega especialmente, edición de catálogos e folletos na nosa lingua, conferencias e no porvir: a organización dunha escola galega de cinema.
Desenvolven as súas actividades no auditorio da Sociedade Artística, Cultural e Recreativa Liceo de Noia, con capacidade para máis de cincocentas persoas coa idea de programar dous filmes por mes.
Agardan que a súa dinámica sirva para dar un pulo á creatividade na vila e propicie a reactivación da zona (incluíndo ás persoas, empresas e tecido social), con interese especial no eido audiovisual.
Últimas noticias do cineclube
Liceo
(A Coruña)




- Sociedade Liceo
rúa Frei Lois Rodríguez s/n
15200 Noia (A Coruña)


* Cota reducida para os/as socios/as do cineclube e a Sociedade Liceo de Noia.
(Horario CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na tú axenda…
VCard ·
QR
[.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»