O encontro dos cineclubes de toda Galicia e unha representación dos cineclubes de Asturies, Castilla y León e Euskadi, nos servirá para debater a situación cineclubista, comparando o funcionamento dos distintos actores participantes.
Datas: sábado 27 e domingo 28 de outubro de 2012. (Horarios CUT+1)
Lugar: Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, rúa San Marcos 8 - 27001 Lugo
O programa destos encontros terá o seguinte contido:
sábado 27 de outubro:
10:00 h. Entrega de credenciais.
11:00 h. Inauguración.
11:30 h. Documentais galegos: Presentación «Entreparadas» de Toño Chouza.
Proxección do tráiler (producido por Jorge Coira e María Liaño). Coloquio coa equipa artística.
12:45 h. Documentais galegos: Presentación «A Última Viaxe do Afiador» de Aitor Rei.
Proxección do teaser (producido por Boneca Lareta). Coloquio co director.
14:30 h. Descanso para xantar
17:00 h. Tertulia: A situación do cineclubismo.
Interveñen representantes dos cineclubes de Asturies, Castilla y León, Euskadi e Galicia.
18:00 h. Proxección: «Cineastes Contra Magnats» (Cineastas Contra Magnates)
de Carlos Benpar (España 2005)
Ensaio cinematográfico en defensa dos dereitos morais dos cineastas fronte ás manipulacións que sofren os filmes desde os orixes do cinema até hoxe. O documental ten a súa continuación en «Cineastas en Acción» (2005)
Fotografía: Xavier Camí & Tomás Pladevall
Reparto: Marta Belmonte, Arthur Penn, Liv Ullmann, Richard Fleischer, Stanley Donen, Jack Cardiff, Sydney Pollack, Woody Allen, Milos Forman
Premios: Goya mellor documental (2005)
Guión: Carlos Benpar & Ferran Alberich
Música: Xavier Oró & Pep Solorzano
Sipnose: Relata as alteracións acontecidas no medio audiovisual ao longo da historia, desde o troco de velocidade dos filmes mudos até o coloreado electrónico de fitas rodados en branco e negro, unha loita que soe enfrontar o espiritu creador contra o manipulador e que, diante de todo, pretende ser un manifesto na defensa dos dereitos morais do autor cinematográfico sobre a súa obra diante das manipulacións ás que "obriga" o medio audiovisual.
19:45 h. Conversa con Carlos Benpar
(director de «Cineastas Contra Magnates» e «Cineastas en Acción»)
21:30 h. Descanso para a cea
domingo 28 de outubro:
11:00 h. Conferencia de Martin Pawley «Os números do cinema», «Sempre nos quedarán os festivais (e os cineclubes)».
12:30 h. Visita turística guiada por Felipe Arias Vilas, Director do Museo do Castro de Viladonga.
14:30 h. Descanso para xantar
17:00 h. Proxección: «Bloedbroeders» —Blood Brothers— (Irmáns de Sangue) de Arno Dierickx
(Holanda, 2008)
Ópera prima do director, baseada en feitos reais.
Fita que procede do convenio do OUFF coa «Feciga» para a distribución de filmes do festival ourensán pola rede dos cineclubes galegos.
Premio: «Carlos Velo» mellor director (OUFF 2009).
Guión: Bert Bouma & Jan Bernard Bussemaker
Música: Johan Hoogewijs
Reparto: Erik van Heijningen, Matthijs van de Sande Bakhuyzen, Derk Stenvers, Sander van Amsterdam
Sipnose: Tres xoves agochan a seu amigo Ronnie, un criminal perseguido pola policía, no ático da inmensa vila na que viven dous dos rapaces. Ronnie se refuxia na casa sen que os pais dos rapaces nin o persoal da casa se percaten de nada. Ao principio, a situación divierte aos rapaces, até o día en que Ronnie se convirte nunha carga e empeza a chantaxearlles. E xa non se atreven a bótalo.
Descarga o programa [.pdf • 408 Kb] dos «Encontros de Cineclubes»
Engade todas as actividades[.vcs • 4 Kb] na túa axenda.*
* Podes engadir só as actividades que teñas interés na tú axenda, premendo sobre a súa indicación horaria [.vcs • 1 Kb]