O encontro dos cineclubes de toda Galicia e unha representación das Federacións de Cineclubes de Portugal e Catalunya, ademáis dunha representación do audiovisual catalán, nos servirá para debater a situación cineclubista, comparando o funcionamento dos distintos actores participantes.
Datas: sábado 16 e domingo 17 de novembro de 2013. (Horarios CUT+1)
Lugar: Centro do Viño da Ribeira Sacra, rúa Comercio 6 - 27400 Monforte de Lemos
O programa destos encontros terá o seguinte contido:
sábado 16 de novembro:
10:30 h. Benvida.
11:00 h. Inauguración.
11:30 h. Actividades de cinema: Obradoiro didáctico de dobraxe de filmes.
Promovido polo IES Daviña Rei (Monforte de Lemos, rúa Doutor Casares 63)
12:30 h. Programación, distribución: «O fin dos 35mm».
con Emma Fernández, da equipa de difusión da Filmoteca de Catalunya.
14:30 h. Descanso para xantar
Lugar: Restaurante Los Goya, rúa Carud 68—70 — Monforte
17:00 h. Coloquio: Cineclubismo.
Interveñen representantes dos cineclubes de Portugal, Catalunya e Galicia.
19:00 h. Conferencia: «Imaxe e cine» polo produtor e documentalista freelance Manuel Valcarce.
20:00 h. Conferencia: «Produción» con Iván Patiño (cofundador de Amanita Films).
Proxección da súa curta «Deil»
21:30 h. Descanso para a cea
Lugar: Restaurante Los Goya, rúa Carud 68—70 — Monforte
domingo 17 de novembro:
11:30 h. Proxección: «Asolagados» de David Vázquez
(Galiza, 2013)
Nas augas dos ríos escóndense peixes, pedras, árbores… pero tamén camiños, lembranzas, vidas… asolagadas…
Grazas á colaboura da «Asociación Educativo-Cultural Airoá Comunicación», «Televinte» e «Chantada Comunicación S.L», o documental trata de recuperar a memoria dos pobos asolagados polo encoro de Belesar no ano 1963.
Film procedente do convenio do OUFF coa «Feciga» para a distribución de filmes do festival ourensán pola rede dos cineclubes galegos.
Mencións: OUFF 2013 sección paralela, panorama Galicia.
Guión: Alfonso Eiré
Música: Chechu Carballido, A Quenlla
Sipnose: Documental sobre a xente e os seus pobos (Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa marta, Pincelo, Ponte Fortes, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Hermida, Ribó…), anegados polo encoro de Belesar en 1963. Imaxes e sons da Ribeira Sacra e do río miño: dos restos das casas, das ádegas, das árbores… e especialmente, das dez testemuñas que viviron nestes lugares antes da construcción do salto e que se viron obrigadas a deixalo todo.
Formato de exhibición: DVD · VO.
12:30 h. Visita guiada Museo do Viño.
14:30 h. Descanso para xantar
Lugar: Restaurante Los Goya, rúa Carud 68—70 — Monforte
17:00 h. Proxección: «Matisse se escribe con dos eses» de Alberto Lobelle
(España, 2010)
Certames e Festivais: Documenta Madrid 11, Aljazeera International Documentary Film Festival 2011, Cronograf 9, Cinestrat 2011, Medimed 2011, 43º Muestra Cinematográfica del Atlántico - Alcances.
Reparto: Grupo de cativos da Escola Aberta de Arte de Ferrol
Sipnose: en calquera lugar do mundo aparece, da forma máis natural, o prodixio da aprendizaxe, o asombro do descubrimento. O documental amosa a un grupo de nenos da Escola Aberta de Arte de Ferrol durante un ano, as primeiras emocións deslízanse ante a nosa mirada, momentos verdadeiros, únicos e precisos, nunha sucinta biografía da infancia.
Formato de exhibición: mov 16:9 HD · VO (español)
19:00 h. Remate e clasura dos «Encontros» 2013 · Monforte de Lemos.
Descarga o programa [.pdf · 2'7 Mb] dos «Encontros de Cineclubes»
Engade todas as actividades[.vcs · 4 Kb] na túa axenda.*
* Podes engadir só as actividades que teñas interés na tú axenda, premendo sobre a súa indicación horaria [.vcs • 1 Kb]