cabeceira 30 aniversario da «Feciga»

30 anos da Feciga

Trinta anos cúmprense no mes de xullo do 2014, da posta en marcha (en ) da Federación dos Cineclubes de Galicia «Feciga» e grazas á tenacidade de Sexismundo Bobillo Morgade, Ana Fernández, Miguel Anxo Fernández, Luis Rodríguez Taus, X. M. Rodríguez, Anxo Santomil e Marcos Valcárcel López, que por aquela época formaban parte dalgunho dos cineclubes que confluían na Federación en Galicia… (Adega, Barbanza, Cangas, Carballiño, Carballo, Os Chaos, Galiñeiro, «Groucho Marx», «Padre Feijoo», Pontevedra, Toma 3 e «Valle-Inclán»).

Temos moito que festexar e agradecer, sabemos que queda moito traballo por desenvolver, somos conscientes das tarefas que quedan por diante, da súa urxencia e importancia; así que celebrémolo hoxe e, mañán voltaremos ao noso traballo vital, de axudar a crear un mundo crítico co feito audiovisual.

Espalla o aniversario

Establecendo certa semellanza ca época de «Modern Times» (Tempos Modernos) de Charles Chaplin, nun tempo difícil como o contexto da crise actual, a pesares de todos os atrancos cumprimos trinta anos e vós trasladamos visualmente en imaxes esa analoxía, con este conmemorativo destos 30 anos; sírvete de espállalo por onde consideres convinte, agora é voso!


Vídeo: You Tube [. mp4 · 2'3 MB]

Velaquí tes o código HTML para que poidas inserilo no teu blogue ou sitio web:

<iframe width="420" height="315" src="http://www.youtube.com/embed/-HN4kJlxa6I?rel=0&hd=1&controls=0&theme=light&showinfo=0&modestbranding=1" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Tamén temos un bonito cartaz (deseño de Iñaki Nóvoa) para o «Encontro de cineclubes» e inauguración do «cinema Palleiriso» que imos celebrar o sábado 28 de xuño de 2014 en Chantada, por si queres imprímilo e colocalo en espazos públicos (autorizados); espállalo!.

Descargar cartaz  [.jpg • 7'3 MB]

Axúdanos a espallar polas redes sociais o noso aniversario, por favor utiliza o cancelo  #30AnosFeciga  e o enderezo acurtado:  http://ir.gl/30AnosFeciga  para dar a coñecer os nosos primeiros 30 anos.

Ao espállalo noso aniversario, estás a dar visibilidade ao traballo que facemos entre todos os cineclubes.

Participa connosco

Utilizamos como plataforma, para crear un anel colectivo e público, chamado «Cineclubes de Galicia», co obxecto de unir a persoas co mesmo interese que nós, o achegamento da cultura audiovisual á sociedade e a promoción, divulgación e estudo crítico do feito cinematográfico e audiovisual en xeral. Non precisas pertencer a un cineclube para participar.

Únete a nosa comunidade!

Colabora

Se paréceche unha boa iniciativa o noso traballo, agradecémosche bótesnos unha man de xeito altruísta, colaborando no traballo que desenvolve o cineclube da túa bisbarra ou ben, economicamente cunha pequena doazón (2 ) por medio de Flattr.

Doazón por medio de «Flattr»

A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» é unha asociación cultural sen ánimo de lucro, polo que os cartos que percibe son para apoiar unicamente o cineclubismo galego e ademais tratamos de ofrecerche uns servizos, a prezo de custe ou de balde incluso.

Encontro de cineclubes

Para conmemorar o trinta aniversario, faremos un encontro de cineclubes en Chantada, o sábado 28 de xuño de 2014.

Con dita xuntanza, a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» aposta por dar un pulo ao cineclubismo rural; deste xeito non dúbidamos en axudar ao cineclube Papeiros e súa aposta polo «cinema Palleiriso», unha antigua palleira situada moi preto de Chantada, en Garabelos (parroquia de San Martiño de Mariz), reconvertida en sala de proxeccións.

De seguido, amosámosche o programa de actos previsto…
 

10:30 hRecepción de participantes e cineclubes.

11:00 hCampo de traballo no cinema Palleiriso.

14:00 hSesión vermú co «Trío Motobomba», composto polo dueto de Cristina Asenjo R. (acordeón) e Samuel S. Figueiras (guitarra e voz), agardando contar co acompañamento dos presentes (velaquí tes un pequeno lembrete para que non teñas escusas), para cantar e tocar temas tradicionais ao máis puro estilo festivo-tabernario.
Cristina é habitual dos Sonoro Maxín, do que Samuel participou até hai ben pouco
.

14:40 hXantar de leira.

16:15 hColoquio—debate sobre o cinema no rural.

18:30 hInauguración do «cinema Palleiriso» con música e cinema.
Haberá unha sesión de cinema en 16mm a cargo de Cris Lores (cineclube Pontevedra) e o cinema dixital aportado polos cineclubes; contaremos cunha escolma dos traballos feitos por (para conmemorar o centenario do seu primeiro filme)
.

21:00 hRemate da xuntanza.

Listaxe de correo

Para recibir as actualizacións por correo electrónico dos eventos do trinta aniversario tan axiña cando se programen, modificacións ou ben, as actividades da «Feciga», por favor insira a súa caixa de correo:

 
Servizo automatizado fornecido por FeedBurner


Pode cancelar a súa suscrición en calquera momento, consonte regula a Lei de Protección de Datos (LPD).

Non compartimos con ninguén o teu enderezo electrónico. Consulta a nosa política de privacidade para obter máis información.

Cineclubes na Feciga

Velaquí os cineclubes pertencentes á Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» convidados á xuntanza. Podes obter máis información dos cineclubes premendo nos ligazóns seguintes:

Tes tamén ao teu dispor, este formulario se desexas contactar con algún deles.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0. FECIGA