Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»

O cineclube A Lanterna, xestase —despois de nove meses de trámites administrativos— en Viana do Bolo no ano 2015, froito da paixón dunha ducia de socias e socios, ávidos de aprender sobre o feito cinematográfico, obxectivo principal que cumpren a medida en que participan na selección e procura de propostas fílmicas, ademais da redacción das sinopses e presentación dos filmes.
Aprender do cinema e do mundo que nos rodea, con filmes que sexan capaces de xerar debate e sensibilización cos problemas que atinxen á sociedade.
Baixo esta premisa, a súa primeira proxección foi o filme de Boris Lokjine «Hope», seguido de «Wir Sind Jung. Wir Sind Stark» (Somos Novos. Somos Fortes) obra do director alemán-persa Burhan Qurbani e «Le Havre» de Aki Kaurismäki, vencelladas todas elas coa emigración.
Destacar a contorna rural no que desenvolven as súas actividades, un medio natural, primario e cun estilo de vida propio no que buscan conxugar co proceso metafísico que prové o cinema, procurando comportamentos alternativos e con absoluto respecto pola propia identidade e natureza do oriente ourensán. Así pois, non é de estrañar que as regras de inferencia na súa programación, sexan a imaxinación, a pedagoxía e a súa tenaz vontade para levalas a cabo.
Con esta determinación, acadaron a colaboración de diversas institucións e asociacións (Concello, Institute Français, Goethe-Institut, embaixada de Dinamarca, comunidades de montes, asociacións culturais) e da Feciga, o que translucirase nunha certa regularidade na súa programación.
Últimas noticias do cineclube
A Lanterna
(Ourense)




- Casa da Cultura
rúa Ferradal s/n
32550 Viana do Bolo (Ourense)


*Quincenalmente, calquera día de luns a venres.
(Horarios CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na túa axenda…
VCard ·
QR
[.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»