Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»
Despois dunha poula na vila allaricense de case dezaseis anos, no que o seu último cineclube (O Castelo) celebrara na casa da Cultura (durante unha década) as súas postremeiras proxeccións, rexurde no espazo «BenComún» o Teleclube O Acomodador, co obxectivo de presentar unha viaxe á sétima arte axeitada para tódolos gustos e con temáticas ou estilos moi diversos, e co azo de aceptar calquera proposta de filmes ou ciclos da súa tripulación. A súa primeira proxección data de novembro do 2019 co filme de Diana Toucedo «Trinta Lumes».
Obrigados pola crise sanitaria da Covid–19 e as medidas sanitarias ditaminadas pola Administración para facer fronte á pandemia, onde limitáronse as actividades culturais —principalmente— no ano 2020, reduciron as súas actividades e acadaron retomala, coas debidas cautelas, a primeiros do último cuadrimestre dese ano, co traballo do tunisiano Walid Mattar «Vent du Nord» no seu espazo e, ao aire libre (Hotel «Oca») en maio do 2021, co filme galego «Nación» de Margarita Ledo nunha primeira xornada e dous días máis tarde na Casa da Cultura do Concello de Allariz.
Estableceron un acordo de colaboración para a realización dalgunha actividade conxunta, nominalmente coa Fundación Vicente Risco amais de obter a colaboración do Institute Français e, dende o ano 2021, forman parte da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga».
Teñen estipulados unha serie de cotas segundo as modalidades de proxección e pertenza ao cineclube (tripulante individual, familiar, semanal, infantil…) e descontos atendendo ao período de formalización da inscrición.
Agardan arreconchegar á suficiente dotación de viaxeiros/as para o seu periplo e que a estadía do cinema en Allariz sexa alongada no tempo.
Últimas noticias do cineclube
O Acomodador
(Ourense)
bencomun.gal/teleclube
ir.gl/aco
O enderezo do correo electrónico amósase de dereita cara á esquerda, unha técnica para evitar que os robots rastrexen e recolleiten o enderezo do correo, deste xeito intentamos protexernos do SPAM. Preme neste ligazón para ver o enderezo correctamente moc.liamg@rodadomocaoebulcelet
+(34) 988 680 892
- Espazo «BenComún»
Pz. da Torre Lombarda 1
32660 Allariz (Ourense)
5 € xeral — 3 € reducida *
* Reducida para asociados/as.
É posíbel aplicar algún tipo de suplemento ou desconto, segundo sexa o tipo de licenza do filme a exhibir e a filiación ao cineclube.
Bonos (anuais):
Acceso preferente ao local en caso de limitación da súa capacidade.
· Individual/familiar 60—100 €
· Infantil/xuvenil 20 €
(Horarios CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na túa axenda…
VCard · QR [.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»