Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»
Os devanceiros do cineclube sitúanse fai máis de tres décadas no Ateneo Santa Cecilia coa presidencia de Pilar Calviño, xermolo da actividade fílmica na vila con filmes como «El Cochecito» (O Cocheciño) de Marco Ferreri, «Aguirre der Zorn Gottes» (Aguirre, A Cólera de Deus) de Werner Herzog ou «Jungfrukällan» (O Manancial da Doncela) de Ingmar Bergman.
Despois dun xaxún cinematográfico de máis de dúas décadas, a directiva do Ateneo Santa Cecilia comandita por Lois González, Isabel Martínez Epifanio, Paula Landín, Carolina Pesqueira e Xulio Pardellas procuran a reviviscencia do cineclubismo na vila marinense. En xullo do 2015 comezou unha nova xeira cos filmes de Wes Anderson «The Grand Budapest Hotel» (O Gran Hotel Budapest) e Alexander Payne «Nebraska» proxectados ao ar libre, co gallo das festas do Carme e a súa incorporación á Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga».
A teima da asociación e a súa actual directiva, aparte de tentar a dinamización cultural coas actividades que llen son propias, prender na sociedade a paixón polo cinema, deste xeito proxectando —de balde— até dúas sesións ao mes, no terceiro o cuarto xoves do mes segundo cadren cas outras actividades, na Biblioteca Pública Municipal «Vidal Pazos». Buscan físgoas que eviten de novo a súa desaparición, agardando que agrome na súa vila coma o fixo noutras da comarca do Morrazo, persoas entusiastas dos feitos cinematográficos.
Últimas noticias do cineclube
Ateneo
cineclubeateneo.blogspot.com
ir.gl/ate
O enderezo do correo electrónico amósase de dereita cara á esquerda, unha técnica para evitar que os robots rastrexen e recolleiten o enderezo do correo, deste xeito intentamos protexernos do SPAM. Preme neste ligazón para ver o enderezo correctamente moc.liamtoh@niramsoeneta
+(34) 986 880 283
- Biblioteca P.M. «Vidal Pazos»Av. Ourense 6
36900 Marín Pontevedra
De balde
* Terceiro o cuarto xoves do mes.
(Horario CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na túa axenda…
VCard · QR [.vcs • 4 kB]
+ℹ Acerca do código «QR»