Accesibilidade

Declaración

Consonte á resolución do Consello da Unión Europea (UE) do 25 de marzo de 2002, a Lei 34/2002, do 11 de xulio, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI) e o do 12 de novembro de 2007, (ditos requisitos de accesibilidade se recollen tamén na ), a Federación de Cineclubes de Galicia (en diante «Feciga») procura constantemente que todos os contidos e funcionalidades esenciais do noso sitio web, se amosen correctamente independente do dispositivo físico ou navegador web empregado para tal fin, accesíbel incluso para os navegadores adaptados a persoas con eivas motoras, limitacións sensoriais ou cognitivas.

O contido da normativa relacionada no parágrafo anterior, os seus criterios de accesibilidade, se recollen da «Web Accessibility Iniciative» WAI (Iniciativa de Accesibilidade á Web) do «World Wide Web Consortium» W3C (Consorcio Mundial da Web), cunha serie de pautas e criterios (WCAG), que segundo o cumprimento destas, determina tres niveis de accesibilidade: básico, medio e alto, ou ben niveis A, AA o dobre A e AAA ou triple A.

O deseño do noso sitio www.feciga.org (cineclubes.gal e cineclubes.org) realizouse tendo en conta os criterios de accesibilidade para o nivel A (básico ou prioridade 1) definidas nas Pautas de Accesibilidade do Contido Web (WCAG), iniciativa do Consorcio Mundial da Web (W3C).

Características

O código fonte do sitio está en formato XHTML, unha linguaxe de composición de hipertexto, ademais de empregar follas de estilo (CSS), estándares abertos desenvolvidos e recomendados polo W3C.

Porén pode atoparse con outros formatos… como documentos en PDF, utilizanse xeralmente para preservar o contido e composición das publicacións impresas; formato ODT  documento estándar aberto de texto; formato DJVU deseñado para almacenar imaxes escaneadas; formato ZIP sirve para albergar e comprimir datos sen perda; formato EPUB, publicación electrónica redimensionable.

As pautas que se tiveron en conta para facer o noso sitio accesible foron: separar o contido da presentación; estruturar e etiquetar correctamente o contido e utilízalas éstas consonte ao seu significado semántico; non utilizar as tablas para maquetalas páxinas e facerlo por medio de follas de estilos (CSS), empregando un deseño líquido e adaptativo; utilizar texto significativo nas ligazóns; evitar combinacións de cores de pouco contraste e transmitir información só por medio da cor; evitar a utilización de para amosar un contido relevante ou necesario, así como a utilización de marcos ().

As ligazóns amosan información con detalle (por medio do atributo título), a non ser que o texto da ligazón describa completamente o seu destino (como o titular dunha nova). Todas as ligazóns pódense seguir sen problema, aínda que o JavaScript non estivese activado.
As ligazóns non se abren en novas xanelas agás que se advirta o contrario, ou sexan documentos para descarga ou ligazóns cara contido multimedia.

O acceso ás características de accesibilidade varía segundo o navegador utilizado. De seguido reflectímoslle os métodos concretos para sacar o maior partido ás facilidades que proporciona cada un deles:

Atallos de teclas

O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de atallo definida, realízase premendo distintas combinacións, segundo o navegador de que se trate…

  • Apple Safari, Google Chrome e Microsoft Internet Explorer: Alt + a tecla do atallo, segundo o tipo de versión que se trate, deberá ademais, de seguido premer na tecla de retorno (ou tamén coñecida como Enter ou Intro)
  • Mozilla Firefox: Alt + Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) + tecla do atallo
  • Konqueror®: Ctrl (control) + tecla do atallo
  • Opera: Prema a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Esc, sólteas e de seguido prema só a tecla do atallo.

Nas computadoras Macintosh, a tecla Alt substitúese pola tecla Ctrl (control).

No noso sitio web, para acceder ás distintas seccións e apartados, faise coas seguintes teclas de atallo:

  • 0 Portada (Inicio)
  • 1 Vai ao menú de navegación da páxina
  • 2 Vai ao contido da páxina
  • 3 Vai á páxina de contacto
  • 4 Amosa o mapa do sitio
  • 5 Buscador
  • 6 Sobre nós
  • 7 Cineclubes
  • 8 O noso traballo
  • 9 Accesibilidade (a páxina actual)

Imaxes e contidos (multimedia)

Todas as imaxes con contido inclúen un texto descritivo, ademais do atributo alt, agás as imaxes con propósito decorativo, que pode estar baleiro.

As imaxes e diverso contido (multimedia) complexo, dispoñen da etiqueta  longdesc  para amosar dese xeito, unha descrición longa e accesible nos lectores modernos de pantalla.

No contido multimedia se procura sempre, que dispoñan sempre de subtitulos, agás en determinados casos que poderase sustituílos, por unha descrición da presentación visual (ben por medio da etiqueta longdesc ou ligazón cara unha páxina descritiva do contido).


Tamaño dos textos

As páxinas do sitio web da «Feciga», o tamaño dos textos especificase de xeito relativo, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou disminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do/a usuario/a, e sen crear problemas de visualización. Pode vostede controlar o tamaño dos textos no seu navegador premendo ao tempo as teclas Ctrl (control) e o signo máis ou menos,  +  para aumentalo ou disminuílo [Ctrl +  - ]. Se preme Ctrl (control) +  =  restablécese o texto ao tamaño normal.

Tamén pode aumentar ou disminuir o tamaño do texto, na barra de ferramentas do seu navegador, localice calquera das opcións «Ver», «Zoom», «Escala» ou «Alonxar/Achegar», ou ben, pola axuda do seu navegador ou calquera dos seus atallos.

Ademais conta ca posibilidade de escoller 3 formatos predefinidos, para un tamaño pequeno de pantallas, medio e grande, na maior parte da navegación do sitio web.

Lector de contidos

O contido do noso sitio é accesible para os lectores de pantalla. Polo momento non contamos con ningún servizo de audio lector de contidos.

A meirande parte das páxinas do noso sitio, teñen habilitado o servizo de audiocontidos en calquera dos idiomas dispoñibles; para a súa escoita, debe escoller o texto que teña dificultade de lectura na pantalla, e de seguido, lle aparece unha icona cun altofalante, ao premelo poder escoitar o texto seleccionado.

Navegación

Para facilitarlle a usabilidade do noso sitio, todas as páxinas manteñen compoñentes comúns como a cabeceira e o pé de páxina.

A cabeceira contén o logo da «Feciga», que liga ca páxina de inicio dende calquera páxina na que se atope (ademais de ter dita opción tamén dispoñible no menú de navegación xeral); un menú de servizos onde pode escoller o tamaño do contido, unha caixa para procurar contidos, idiomas dispoñibles, o acceso (restrinxido por contrasinal) á intranet da «Feciga», ao blogue e as redes sociais mais senlleiras. O menú de navegación xeral conta con ligazóns directas ao «Inicio» (atallo de teclado 0), unha páxina que ofrece información «Sobre nós» (atallo de teclado 6), información sobre os «Cineclubes» (atallo de teclado 7), «O noso traballo» (atallo de teclado 8) e «Contacto» (atallo de teclado 3).

O pé da páxina contén accesos cara a está páxina «accesibilidade» (atallo de teclado 9), «nota legal», «política de privacidade» e o «mapa do sitio» (atallo de teclado 4); a razón social da «Feciga» con código QR ao carón desta, que se amosa ao pasar o rato sobre a icona da esquerda, (e lle sirve para gardar os nosos datos na axenda ca cámara do seu móbil); tamén se preme sobre o nome da «Feciga» no pé da páxina, lle dirixe directamente cara a parte superior da páxina.

Ademais conta cunha lapela na parte dereita da páxina onde pode facernos suxerencias ou solicitarnos axuda.


Revisións

Actualmente estamos a auditar algunhos criterios de accesibilidade que non poden evaluarse de xeito automático; o noso empeño é tentar acadar —co tempo— o nivel alto (AAA ou triple A) das pautas de accesibilidade.

De xeito periódico, realizamos revisións automáticas e manuais de accesibilidade e usabilidade, para garantir o nivel óptimo e adecuado do noso sitio.

Pregámoslle que se advirte algún elemento non accesible, comuníqueo por medio do noso formulario de contacto ou ben, no formulario de , situado nunha lapela á dereita da páxina, detallando por favor as anomalías atopadas.

A última auditoría realizámola o 21 de outubro do 2012.

Referencias www

 

 

 

Apoios

 

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0. • Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»