O noso traballo
Xestión coas distribuidoras | Organización de proxeccións para outras entidades |
Con ou sen a xestión das proxeccións, a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» ofrece os seus servizos de xestión coas empresas distribuidoras existentes no Estado, de xeito eficiente e económico. O servizo é «a prezo de custo» para os cineclubes pertencentes á «Feciga». |
A «Feciga» dispón de equipamentos portátiles para proxección nos formatos de 16mm, 35mm e DVD, e ofrece os seus servizos para organizar, programar e proxectar filmes, a todo tipo de entidades asociativas. Consúltenos sen compromiso, facéndonos saber que é o que precisa. |
Ciclos cinematográficos | Mediateca |
Organizamos e coordinamos os programas da maior parte dos cineclubes asociados, financiando unha boa parte dos custos de aluguer dos filmes. Na «Semana do Cinema» organizada polos cineclubes, contan coa nosa colaboración e apoio financieiro. Moitas desas «Semanas», propician un sitio de encontro para o debate, na meirande parte das ocasións, participan senlleiras personalidades vencelladas aos medios audiovisuais. |
Dispoñemos dunha ampla colección de libros, manuais, revistas, monografías, catálogos… etc. sobre cinema, así como un depósito de filmes, en 16mm, VHS e DVD, cunha especial preocupación por recompilar a produción galega dos últimos anos, máis tamén, aberta a recoller calquera outra filmografía. Ao igual que os volumes da biblioteca, a filmoteca está a disposición dos cineclubes pertencentes á «Feciga» por medio dun servizo de préstamo. |
Asesoramento
Se desexas crear un Cineclube, formar parte del ou ben, obter información sobre os dereitos de exhibición pública de filmes, pregámoslle contacte connosco e tentaremos botarlle unha man.
.jpg)
«Cinema baixo as estrelas» en Ourense, na praza San Martiño
Imaxe: Martiño Pinal (La Región)
.jpg)
«Semana de Cinema» en Chantada, na praza do Cantón
Imaxe: Roi Fernández (La Voz de Galicia)
Apoio
Os cineclubes, como mínimo, son óptimos programadores de cine e moitos deles formadores, creadores e difusores doutras artes como a fotografía, a música e a literatura.
Todo isto grazas ao traballo incesante de persoas que, ademais da súa vida profesional, adican moitas horas do seu tempo libre, organizando actividades que cren ser o mellor xeito de desenvolver culturalmente a localidade ou rexión onde se atopan, amosando outros mundos.
Inxenuamente pensamos que é posible, teimamos cavilar que é posible; neste momento vivimos con está posibilidade, conscientemente medramos con esa posibilidade e prodixiosamente acadamos , un tempo de actitude desinteresada e na que todos os cineclubes de Galicia fixeron e fan cada día o vieiro.
A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» é unha asociación cultural sen ánimo de lucro, polo que os cartos que percibe son para apoiar unicamente o cineclubismo galego amais de ofrecer os seus servizos a prezo de custe ou de balde en moitos dos casos.
Se crees que este traballo é unha boa iniciativa, agradecémosche moito que nos botes unha man, de xeito altruísta colaborando no traballo que desenvolve o cineclube da túa bisbarra.
Tamén podes colaborar economicamente cunha pequena doazón (3 €) á «Feciga» por medio de Flattr, Liberapay ou ben, enviando unha propina ao utilizar o navegador Brave; o que recadamos por esta vía, axuda a pagar os servizos e o mantemento do noso sitio web.
No derradeiro ano, recibimos apoio económico para desenvolver o noso traballo, por parte da Xunta de Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
Podes consultar o balance dos nosos ingresos, gastos e orzamentos, na páxina de transparencia cos relatorios económicos, convenios asinados pola «Feciga» e normativa aplicábel.