O noso traballo

Fica en nós a vontade de promover e divulgar o feito audiovisual en toda a súa extensión, sen ánimo de lucro, en todos os eidos, especialmente no formativo e cooperativo con outras entidades, dende a nosa constitución en 1984.

Rolda de Prensa
Rolda de prensa para presentar o «Encontro de Cineclubes» en Compostela.
Na imaxe, Lola González e Manuel Precedo (xerente e Presidente da Feciga)
Foto: SusoPB (cc) BY-NC-SA 3.0 España

Xa dende a primeira reunión entre os cineclubes de Galicia e Portugal no ano 1984, nas «Xociviga» do Carballiño, que catro anos máis tarde deron lugar á creación da comisión luso-galaica en Viana do Castelo, vemos na cooperación transrexional e nas nosas similitudes lingüísticas, a oportunidade de potenciar a oferta cinematográfica cineclubista.

Para tratar de revitalizar esta visión, propiciamos o «» en Ourense (5-6 de novembro do 2011), e nas que participaron as Federacións de Cineclubes Portuguesa () e Catalana ().

As do «Encontro de Cineclubes» fai fincapé en potenciar ditas relacións, crear unha rede alternativa de distribución, para fornecer aos cineclubes en xeral e calquera outra entidade cultural en particular, un que teña como denominador común, un contrato social entre o creador e a distribución, afastado das prácticas das grandes distribuidoras comerciais e das .
O pulo que precisa este tipo de filmografía social e independente, pode ser un certame anual, como o que se celebra xa no país veciño fai .

Non é de estrañar pois, que a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», participe anualmente nos «Encontros de Cinema · » en Viana do Castelo (Portugal).
Estas «Xornadas» permiten coñecer as mellores escolas internacionais de audiovisuais, que son convidadas pola asociación «Ao Norte», organizadora do devandito evento; así por exemplo na edición do 2006, tivemos a oportunidade de convivir coa escola de cinema máis antiga do mundo, VGIK de Rusia, xunto coa de máis recente creación, KAFA de Corea do Sur.

A «Feciga» colabora desde fai varias edicións nestes «Encontros» outorgando o premio «» / xunto coa Federação Portuguesa de Cineclubes () ao mellor documental realizado por alumnos das escolas de cinema, de audiovisuais ou comunicación de Galicia e Portugal.

Xestión coas distribuidoras Organización de proxeccións para outras entidades
Con ou sen a xestión das proxeccións, a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» ofrece os seus servizos de xestión coas empresas distribuidoras existentes no Estado, de xeito eficiente e económico.
O servizo é «a prezo de custo» para os cineclubes pertencentes á «Feciga».
A «Feciga» dispón de equipamentos portátiles para proxección nos formatos de 16mm, 35mm e DVD, e ofrece os seus servizos para organizar, programar e proxectar filmes, a todo tipo de entidades asociativas.
Consúltenos sen compromiso, facéndonos saber que é o que precisa.
Ciclos cinematográficos Mediateca
Organizamos e coordinamos os programas da maior parte dos cineclubes asociados, financiando unha boa parte dos custos de aluguer dos filmes.
Na «Semana do Cinema» organizada polos cineclubes, contan coa nosa colaboración e apoio financieiro.
Moitas desas «Semanas», propician un sitio de encontro para o debate, na meirande parte das ocasións, participan senlleiras personalidades vencelladas aos medios audiovisuais.
Dispoñemos dunha ampla colección de libros, manuais, revistas, monografías, catálogos… etc. sobre cinema, así como un depósito de filmes, en 16mm, VHS e DVD, cunha especial preocupación por recompilar a produción galega dos últimos anos, máis tamén, aberta a recoller calquera outra filmografía.
Ao igual que os volumes da biblioteca, a filmoteca está a disposición dos cineclubes pertencentes á «Feciga» por medio dun servizo de préstamo.

Asesoramento

Se desexa , ou ben, obter información sobre os dereitos de exhibición pública de filmes, pregamos se poña en contacto connosco e intentaremos axúdalo/a.

Cine en Ourense
«Cine baixo as estrelas» na praza San Martiño en Ourense.
Imaxe: Martiño Pinal (La Región)
Cine en Chantada
«Semana do Cinema» organizada polo cineclube Os Papeiros.
Imaxe: Roi Fernández (La Voz de Galicia)

Apoio

Os cineclubes, como mínimo, son óptimos programadores de cine e moitos deles formadores, creadores e difusores doutras artes como a fotografía, a música e a literatura.
Todo isto grazas ao traballo incesante de persoas que, ademais da súa vida profesional, adican moitas horas do seu tempo libre, organizando actividades que cren ser o mellor xeito de desenvolver culturalmente a localidade ou rexión onde se atopan, amosando outros mundos.

Inxenuamente pensamos que é posible, teimamos cavilar que é posible. Neste momento vivimos con está posibilidade, conscientemente medramos con esa posibilidade.

Admirablemente acadamos , un tempo de actitude desinteresada e na que todos os cineclubes fan o camiño.

A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» é unha asociación cultural sen ánimo de lucro, polo que os cartos que percibe son para apoiar unicamente o cineclubismo galego e ademais tratamos de ofrecerche uns servizos, a prezo de custe ou de balde incluso.

Se paréceche unha boa iniciativa o noso traballo, agradecémosche bótesnos unha man de xeito altruísta, colaborando no traballo que desenvolve o cineclube da túa bisbarra ou ben, economicamente cunha pequena doazón (2 ) por medio de Flattr.

No derradeiro ano, recibimos apoio económico para desenvolver o noso traballo, por parte da Xunta de Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Memoria de actividades

Memoria de Actividades

 

Apoios

 

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0. • Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»